Lugares

A freguesía de Penarrubia está situada no extremo noroeste do concello de Baralla, antes Neira de Xusá. Linda polo norte coas freguesías de San Lourenzo de Pousada e San Xoán de Pedrafita de Camporredondo; polo sur, coa de San Pedro de San Martiño de Neira de Rei; polo leste, coas de Santiago de Córneas e Sancti Spiritus de Fontarón; e polo oeste, coas de Santo Estevo de Furís e Santo Tomé de Guimarei. Ten unha superficie aproximada de 9,5 Km2. Comprende dez núcleos de poboación: Penarrubia, A Pena, Papín, Val, Carballedo, A Veiga, A Barrosa, Cernadas, Fonte dos Poios e Casar de Monín.

A igrexa, o cemiterio, e noutrora a casa reitoral, están no lugar de Penarrubia, situado aproximadamente no centro xeográfico da freguesía.

Polo oeste, Casar de Monín, A Fonte dos Poios, Cernadas e A Barrosa aséntanse no alto dos montes de Navallos e da Canteira. Polo leste, A Veiga sitúase xa na marxe esquerda do río Neira e Papín, na aba da Serra da Pena. Val, A Pena e Carballedo ocupan as terras chairas entre ambas serras, polas que descorre a estrada LU-710, que atravesa todo o val de Neira de Rei comunicando Baralla e Becerreá co Cádavo, Meira, A Fonsagrada e Lugo.

Ver a descrición

Penarrubia

Igrexa parroquial Emprazada na ladeira leste do monte de Navallos, é a capital da freguesía. O exterior da igrexa parroquial agride a vista polas aberrantes obras executadas na torre e polo abandono

Ler Máis >>

A Pena

No fondo do val, á beira da estrada LU-710 está A Pena, lugar onde, desde o século XVI até fins do XIX, residiu, na Casa Principal, a familia Santiso Ulloa, perceptora das

Ler Máis >>

Val

As casas O lugar de Val intégrano dezaoito casas segundo se mostra na seguinte fotografía A Taberna Aquí está a taberna que durante séculos forneceu de produtos de alimentación, de bebidas e

Ler Máis >>

Papín

A escola Desde 1933 a 1970, ao edificio escolar deste lugar, hoxe en total abandono e coas paredes comestas de vexetación, acudiron a clase os nenos da freguesía. De planta rectangular, estruturábase

Ler Máis >>

Carballedo

Núcleo rural No sueste da freguesía, e continuando polo vello camiño que desde Val atravesa A Pena, chegamos a Carballedo, unha entidade de poboación até hai pouco de seis casas. Na actualidade,

Ler Máis >>

A Barrosa

As casas No extremo sur da Serra do Puñago sitúase A Barrosa. Por aquí decorría tamén a vía romana XIX en dirección a Lucus Augusti. Son catro as casas do lugar: a

Ler Máis >>

Cernadas

Se en Val deixamos a estrada LU-710 e collemos, cara ao oeste, a vía que comunica coa parroquia de Furís, subindo durante tres quilómetros, chegamos a Cernadas, un grupo de cinco casas

Ler Máis >>

A Fonte dos Poios

Situación No cumio do monte de Navallos, a 884 metros de altitude, aséntase A Fonte dos Poios. Non hai moito tempo, este lugar estaba dominado pola matogueira e o arborado, hoxe predominan

Ler Máis >>

Casar de Monín

Sitúase no extremo sueste da freguesía de Penarrubia, separada da de San Martiño de Neira de Rei polo rego de Ardenide. Unha soa casa domina desde a altura as serras da contorna

Ler Máis >>