Sitúase no extremo sueste da freguesía de Penarrubia, separada da de San Martiño de Neira de Rei polo rego de Ardenide. Unha soa casa domina desde a altura as serras da contorna e as aldeas que se estenden no fondo do val. A vista pérdese na Serra do Pico, nas terras de Penamaior e, máis lonxe, nas serras do Courel e dos Ancares.

Este casal está rodeado na actualidade de grandes extensións de pasteiros que tamén permiten aos seus titulares a práctica da gandería extensiva. Antigamente existía unha segunda vivenda de reducido tamaño, da que se conservan os muros exteriores e o teitume.
