A Pena

No fondo do val, á beira da estrada LU-710 está A Pena, lugar onde, desde o século XVI até fins do XIX, residiu, na Casa Principal, a familia Santiso Ulloa, perceptora das rendas da maior parte dos labregos que traballaron estas terras.

Núcleo rural

O núcleo rural está composto por dez casas, das que oito se agrupan arredor do Rego da Pena e as dúas restantes sitúanse cara ao sur en dirección a Carballedo. Até mediados do século XX neste lugar existiu a casa de Correa da que tan só se conserva o soar murado.

A Pena e Papín cos Picos dos Ancares nevados no horizonte

O muíño de Montenegro

Por aquí decorre o Rego da Pena, que recolle as augas procedentes doutros regos que descenden das serras situadas a ambos lados. Estas augas fertilizaron prados e moveron durante centos de anos as rodas de varios muíños, dos que só se mantén en pé o de Montenegro, encargado de transformar en fariña e farelo o gran de todos os veciños da contorna.

Muíño de Montenegro

Relacionados...

Penarrubia

Igrexa parroquial Emprazada na ladeira leste do monte de Navallos, é a capital da freguesía. O exterior da igrexa parroquial agride a

Val

As casas O lugar de Val intégrano dezaoito casas segundo se mostra na seguinte fotografía A Taberna Aquí está a taberna que

Papín

A escola Desde 1933 a 1970, ao edificio escolar deste lugar, hoxe en total abandono e coas paredes comestas de vexetación, acudiron

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario