Antigo Réxime

O Reino de Galiza comprendía sete provincias: Santiago, Betanzos, A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. A freguesía de Santa María de Penarrubia a mediados do século XVIII pertencía á xurisdición de Neira de Rei, ao arciprestado de Val de Pedroso, á diocese e á provincia de Lugo.

Partimos de mediados do século XVIII aproveitando os valiosos datos que naquel momento se rexistraron no Catastro de Ensenada. Na freguesía de San Pedro de San Martiño, o 7 de maio de 1753, nunha dependencia da Audiencia dese lugar de Neira de Rei reúnense o licenciado Manuel Antonio de Barcia Figueroa, Subdelegado para o establecemento da Real Única Contribución; o escribán receptor da Real Audiencia, Manuel Antonio Pardo; Pedro Santiso Ulloa, veciño de A Pena, fidalgo perceptor das maiores rendas da contorna e xuíz ordinario da Xurisdición de Neira de Rei. Antonio Montenegro, tamén fidalgo e veciño de A Pena, e Phelipe Pereira, veciño de San Pedro de San Martiño, acoden a este acto como peritos designados polo común dos habitantes de Neira de Rei. Como peritos propostos pola Coroa foran citados Antonio Valcarce e Juan de Arrojo, veciños de San Martiño de Cruzul, da Xurisdición do Val de Oselle. Tamén está presente Manuel Alonso Santiso Ulloa, cura párroco da freguesía de Santa María de Penarrubia.

A xuntanza destas sete personalidades tiña como obxecto a recollida de datos na Xurisdición de Neira de Rei para a elaboración do primeiro catastro que catalogase os bens dos súbditos da Coroa de Castela, agás os dos señoríos vascos, os do reino de Navarra e Canarias, que xa daquela recadaban os seus propios impostos. Si, e isto tamén convén sabelo, este catastro tampouco se realizou, polos mesmos motivos que nos territorios forais, na Coroa de Aragón, conformada polo Principado de Catalunya e os reinos de Aragón, de Valencia e de Mallorca, que xa efectuaran os seus propios catastros. Concretamente, en Catalunya fora realizado entre 1715 e 1716 e coñécese co nome de Catastro de Patiño.

Ver a descrición

Administración

Estamos, xa que logo, na sala da Audiencia situada na freguesía de San Pedro de San Martiño da Xurisdición de Neira de Rei, diocese e provincia de Lugo, reino de Galiza e

Ler Máis >>

Administrados

En 1528 realizouse por orde do emperador Carlos I o Censo de pecheros no que figura a seguinte referencia a Neira de Xusá: Deducimos que na referencia Puebla de Neyra e Jusaos

Ler Máis >>

Señorío de Neira de Rei

A freguesía de Santa María de Penarrubia a mediados do século XVIII pertencía á xurisdición de Neira de Rei, ao arciprestado de Val de Pedroso, diocese e provincia de Lugo. Xurisdición de

Ler Máis >>

A Parroquia

Ligazón territorial A parroquia serviu de ligazón territorial da veciñanza xa desde o medievo, mais este vínculo intensificouse nomeadamente despois de Trento cando foi obrigatoria a inscrición nos libros parroquiais dos acontecementos

Ler Máis >>

Lindes

Segundo o Catastro de Ensenada Segundo o Catastro de Ensenada, a freguesía de Santa María de Penarrubia tendrá distancia de L.(evante) a P.(oniente) una legua; de N.(orte) a S.(ur) un quarto de

Ler Máis >>

A poboación

O catastro de Ensenada, ademais de no Reino de Galiza, tamén se realizou en León, as dúas Castelas, Estremadura, Andalucía e Murcia. Desta superficie total de 369.488 Km2, Galiza representa o 7,9

Ler Máis >>

Vivendas

Hoxe contamos con medios que os nosos antepasados a mediados do século XVIII nin remotamente podían imaxinar. Pulsamos un botón e acéndese a luz, abrimos a billa e sae a auga para

Ler Máis >>

Hórreos

Como vimos, a carón das casas adoita existir un hórreo ou dous, como sucedía na Casa Principal de A Pena. Mais, nada ten que ver o tipo de hórreo destas terras do

Ler Máis >>

Gandería

Nas Dilixencias de comprobación de 1760 figura unha relación detallada do gando que había en cada casa. En primeiro lugar, constatamos que en todas elas, agás unha excepción, existía unha parella de

Ler Máis >>