Val

As casas

O lugar de Val intégrano dezaoito casas segundo se mostra na seguinte fotografía

Casas de Val

A Taberna

Aquí está a taberna que durante séculos forneceu de produtos de alimentación, de bebidas e de tabaco toda a veciñanza da parroquia. A Taberna de Val tamén serviu de lugar de solaz onde se reunían até ben entrada a noite xogadores de cartas e amigos do parrafeo arredor de cadanseu neto de viño tinto.

Taberna de Val atendida por Inocencio, o Taberneiro

Inocencio (1932-2022), o taberneiro dos últimos oitenta anos, sempre detrás do mostrador, observaba con atención e soportaba amabelmente todos os parroquiáns xa for para despacharlles un quilo de arroz,  para servirlles un cuartillo de viño, para escanciarlles a bebida ou para aturar as partidas de tute e as baralladas dos xogadores.

Noutrora, en Val tamén estaba a cartería, isto é, a casa onde chegaba cada tarde laborábel desde Lugo a saca co correo, que, a primeira hora do día seguinte, regresaba para a cidade coas cartas que os veciños enviaban aos seus familiares e amigos esparexidos polo mundo.

Relacionados...

Penarrubia

Igrexa parroquial Emprazada na ladeira leste do monte de Navallos, é a capital da freguesía. O exterior da igrexa parroquial agride a

A Pena

No fondo do val, á beira da estrada LU-710 está A Pena, lugar onde, desde o século XVI até fins do XIX,

Papín

A escola Desde 1933 a 1970, ao edificio escolar deste lugar, hoxe en total abandono e coas paredes comestas de vexetación, acudiron

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario