Se en Val deixamos a estrada LU-710 e collemos, cara ao oeste, a vía que comunica coa parroquia de Furís, subindo durante tres quilómetros, chegamos a Cernadas, un grupo de cinco casas situado no alto do Monte da Canteira a 840 metros de altitude.
Entre Cernadas e A Barrosa baixa o río Seco por unha fonda vagoada até, unha vez pasada a Ponte da Silvela, remansar nas amplas chairas de Camporredondo.