Aviso legal

Última actualización: 02/04/2022

Titularidade

Este sitio é propiedade e está operado por Eduardo Álvarez, titular do NIF: 35240071T, con enderezo para efectos de notificacións na Rúa Manzaneda, 4. 15.179. Oleiros. Podes contactar comigo enviando un correo electrónico a eduardo@penarrubia.gal

Aceptación

Esta páxina web (en diante o Servizo) está dispoñíbel para calquera usuario/a para o seu propio consumo e está suxeita aos seguintes termos e condicións: este aviso legal, a nosa Política de Privacidade e a Política de Cookies.

Cando utilizas o Servizo, aceptas este aviso legal e o resto dos nosos termos e condicións.

Con isto, tamén aceptas non usar este sitio con fins ilegais.

Descrición do Servizo

Ao navegar polo sitio web ou servizo atopas as seguintes seccións:

  • Inicio: é a páxina principal da nosa web. Nela poderás ver información sobre nós e os temas que publicamos na páxina. O seu contido varía xa que a súa finalidade é mostrarche dun xeito sinxelo as principais características e novidades dos temas tratados na web.
  • Temas: listaxe de categorías sobre os temas tratados na páxina web.
  • Blog: listaxe de entradas do blog.
  • Contacto: se queres poñerte en contacto connosco, só tes que enviarnos unha mensaxe cubrindo o formulario de contacto que poñemos ao teu dispor. Antes de enviarnos unha mensaxe, e cumprindo a normativa de protección de datos, debes ter lido a nosa Política de Privacidade.
  • Idioma: Por defecto, a web preséntase en galego.

Ligazóns externas

Podes ser dirixido/a a outros sitios web mediante ligazóns do Servizo.

Non obstante, penarrubia.gal non controla eses sitios nin o seu contido, que, de feito, están suxeitos aos seus propios termos e condicións. Por tanto, penarrubia.gal non se fai responsábel da calidade, veracidade ou exactitude destes sitios.

Idade

Declaras ser maior de idade e ter a capacidade legal necesaria para estar obrigado/a por este acordo e utilizar o Servizo consonte os nosos termos e condicións, que entendes e recoñeces plenamente.

Declaras que toda a información facilitada para acceder ao Servizo, antes e durante o seu uso, é verdadeira, completa e precisa.

Propiedade intelectual e industrial

O contido e a información do Servizo (entre outros, datos, texto, son, imaxes ou código informático), así como a infraestrutura empregada para proporcionar tales contidos e informacións, é propiedade de penarrubia.gal ou conta coas correspondentes autorizacións para o seu uso.

Ademais, está prohibida a modificación, reprodución, duplicación, copia, distribución, venda, revenda e outras formas de explotación do Servizo con fins comerciais ou equivalentes.

Para calquera outro uso do contido do Servizo, non precisas do noso consentimento.

Contido de usuario

Podes contribuír ao Servizo de varias formas: enviando correos electrónicos ou publicando comentarios nas publicacións do noso blog.

Podemos utilizar os contidos que nos envíes mostrándoos no sitio web, reformateándoos, traducíndoos ao noso idioma, editándoos para obter claridade, corrixindo erros gramaticais, promocionándoos ou distribuíndoos.

Por tanto, ao enviarnos contidos, outorgas a penarrubia.gal unha licenza de uso mundial, non exclusiva e gratuíta, até que sexa eliminado, transferíbel e sublicenciábel sobre ese contido.

Isto significa que o contido segue sendo teu, pero penarrubia.gal, grazas a esta licenza de uso, pode: a) utilizar, reproducir, modificar, adaptar, traducir, distribuír e publicar o contido, crear traballos derivados del, mostralo en todo o mundo por calquera medio coñecido e para calquera propósito lexítimo; e b) usar o nome que envíes en relación con ese contido.

Nas áreas de opinión que achegues a penarrubia.gal tamén serán de aplicación os termos e condicións do Servizo. Ademais, serás o/a único/a responsábel do uso que fagas delas e utilizaralas baixo o teu propio risco. penarrubia.gal non editará nin controlará as mensaxes publicadas ou distribuídas no Servizo nin asumirá ningunha responsabilidade nin obriga por ditas mensaxes.

Non obstante, penarrubia.gal resérvase o dereito de eliminar mensaxes e contidos do/as usuario/as. Nestas áreas de debate non se pode publicar ningún contido que sexa falso, ilegal, enganoso, calumnioso, difamatorio, obsceno, pornográfico, ameazante ou contrario aos dereitos de terceiros.

Ademais, ao acceder ou utilizar o Servizo, podes estar exposto/a a contidos de terceiros que sexan ofensivos, obscenos, inexactos, obxectábeis ou inadecuados. penarrubia.gal non avala dito contido nin pode avalar a súa exactitude. En consecuencia, accedes e utilizas as áreas de opinión do Servizo baixo o teu propio risco.

Seguridade

Adoptamos as medidas de seguridade necesarias para que as comunicacións realizadas a través do Servizo sexan seguras, utilizando para tal fin o cifrado SSL.

Modificacións e nulidade

Podemos actualizar os termos e condicións do Servizo no futuro.

Notificaremos eses cambios colocando un aviso nun lugar destacado do noso sitio web e/ou por correo electrónico.

Se algunha cláusula incluída nestes termos e condicións fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, só afectará a dita disposición ou a parte dela que resulte nula ou ineficaz. O resto subsistirá en todo o demais, tendo tal disposición, ou a parte dela que resulte afectada, como non fixada.

Lexislación e xurisdición

Este contrato réxese pola lexislación española.

Co fin de simplificar a resolución de reclamacións por vía civil e reducir os custos, non excluímos a posibilidade de someternos a unha Arbitraxe Equitativa do Tribunal de Arbitraxe das Cámaras de Comercio e Industria.

Neste sentido, e segundo a normativa aplicábel, penarrubia.gal informa da existencia dunha plataforma europea de resolución de conflitos en liña que facilita a resolución extraxudicial dos devanditos conflitos para os contratos tamén celebrados en liña entre consumidores e provedores de servizos de Internet. Podes acceder a esta plataforma a través da seguinte páxina web: http://ec.europa.eu/odr

Lingua dos termos e condicións

Os termos e condicións do Servizo preséntanse en galego.

Atención ao/á usuario/a

Para calquera aclaración, incidencia ou reclamación podes contactar connosco a través de:

Correo electrónico: eduardo@penarrubia.gal