Unha vez rematado o verán, e agardando as primeiras chuvias do outono, era cando se sementaban os nabos. Para iso, dispúñase da nabiña que se gardara coidadosamente da colleita do ano anterior. A preocupación, unha vez preparada a terra e sementadas as leiras, residía en que chovese mainamente para que puidesen xerminar os graos diminutos. A utilidade que se obtiña deles era forraxeira e o seu cultivo estaba dedicado primordialmente a este fin. Servía de alimento para a ceba dos porcos e tamén o gando vacún se beneficiaba deles. Se do cultivo se encargaban os homes, os traballos da súa colleita eran realizados polas mulleres. Elas arrincábanos do chan, afeitábanlles as raíces da corola cun coitelo, dispoñíanos en feixes que ataban con viortos e logo transportaban nas súas cabezas até as manxadoiras das vacas e os caldeiros de engorde dos porcos. Como destino moi secundario dos nabos, estaba o consumo humano das nabizas e dos cimos para o caldo.

Situación demográfica Na actualidade, residen habitualmente en Penarrubia menos de quince persoas. Se nos remontamos ao século XIX, o número de habitantes