As terras

¿Cal é o mal dos foros galegos? As luvas, os rogos,
encamallos e conrogos, peitos e antepeitos.

Na actualidade, cada terra ten un propietario e nos lindes dun predio comezan os do veciño. Na cartografía do Catastro, unha parcela ten ao seu lado outras que pertencen a diferentes titulares. Isto non sempre foi así, nin moito menos. Antano, como indica R. Villares en La propiedad de la tierra en Galicia (Edit. Siglo Veintiuno Editores. Madrid. 1982), a propiedade concíbese como un agregado de distintos dereitos parciais concorrentes. Nun primeiro momento, no século XVI e comezos do XVII, concorrían tres dominios sobre a propiedade: o señorío ou dominio eminente, o dominio directo e o dominio útil. No señorío, xa for eclesiástico ou nobiliario, radicaba a primeira concesión da terra. 

O intermediario ostentaba o dominio directo e os traballadores desas terras, o dominio útil. Sen embargo, no século XVIII, sobre todo desde a Real Provisión de 11 de maio de 1763, que suspendeu as demandas de reivindicación ou de despoxo de bens forais que se tramitaban na Audiencia do Reino e impedía que os señores do eminente, nomeadamente os mosteiros, recuperasen os bens para realizaren novos contratos, consolídase a noción xurídica da propiedade nos dous termos que, articulados entre si, compoñen o concepto de propiedade territorial característico do Antigo Réxime na Galiza: o dominio directo e o dominio útil. E esta dicotomía, segue dicindo Villares, é a base que permite entender a evolución da propiedade agraria até o século XX. “Por tanto, entendemos a propiedade como unha articulación entre dominio útil, conferido implicitamente ao traballador da terra antes de 1763 e explicitamente a partir da consideración do sistema foral como perpetuo, e o dominio directo, que pode ser múltiple e estratificado, cuxa orixe está na existencia dun contrato agrario e na percepción dunha renda… O dereito a percibir unha renda determina a condición do dominio directo… mentres que o dereito a dirixir unha explotación e dispoñer dela libremente, sempre que se cumpra co pagamento da renda, define o dominio útil. 

Alén do foro, que consistía nunha concesión da terra a longo prazo, existían tamén as concesións de arrendamento, a curto prazo, e a parzaría, de duración moi variábel segundo os casos.

Os foros

Antano, as casas de Penarrubia ostentaban na maior parte das veces o dominio útil das terras que lles pertencen actualmente. É certo que desde a década dos corenta do século pasado apenas existiron variacións na estrutura da propiedade, mais podemos afirmar tamén que entre 1850 e 1950 producíronse case todas as consolidacións da propiedade plena como as coñecemos hoxe. Así, polos documentos existentes no Costureiro, no ano 1846 sabemos que esta casa tan só era concesionaria do dominio dunha leira de dous ferrados de centeo na chousa chamada da Veiga no termo de dita Penarrubia que se compón de labradío monte e prado… Isto é, se transformamos a metros cadrados os dous ferrados, concluímos que a totalidade das terras desta casa tiñan unha extensión de 1.220 m2. Se os veciños de Penarrubia eran tan só concesionarios do dominio útil das terras que traballaban, ¿a quen pertencía o dominio directo delas? A resposta é simple: as terras, e as casas nas que moraban, eran dunha minoría fidalga que vivía moi regaladamente das rendas que ingresaba a costa dos traballos dos demais. Esta minoría, no caso de Penarrubia, estaba identificada con determinados persoas con nome e apelidos. O que sucedía aquí era o que pasou en todo o rural galego desde a Idade Media até finais do primeiro terzo do pasado século XX. En 1811 o deputado liberal ferrolán José Alonso López Nobal, nunha sesión das Cortes de Cádiz, recoñecía que dos 3.755 estados de señorío que compoñían o Reino de Galiza, tan só 300 eran de reguengo ou da Coroa e os 3.455 restantes pertencían a señoríos seculares, eclesiásticos e de ordes de cabalería. O historiador Pegerto Saavedra constata que en Lugo a nobreza e a fidalguía mantiñan en señorío o 72 por cento das freguesías. E segundo mostra no seguinte recadro, a mediados do século XVIII o 64,94 por cento das rendas que pagaban os labregos era acaparado por estes señoríos.

Inicialmente, a propiedade da terra era dos señores, do clero ou da nobreza, desde a Idade Media. Nun principio, cada labrego que a traballaba, a través dun contrato de foro, non só se obrigaba a pagar unha renda senón que tamén estaba sometido ao cumprimento doutras obrigas persoais con respecto ao señor de tal xeito que o contrato de foro ía alén da simple relación que supón a estipulación dunha prestación e aspiraba a regular todas as relacións entre señores e labregos. Os grandes latifundios dos mosteiros e da nobreza eran traballados por colonos que o facían na práctica baixo a condición de vasalos sometidos tamén a deberes de obediencia e de prestacións persoais de xantar, de hospedaxe e de varios tributos, como a lutuosa e o laudemio, que os señores ou os clérigos tiñan dereito a percibir respectivamente cando morría algún dos seus súbditos ou cando estes transmitían o dominio útil da facenda a unha terceira persoa. 

A duración destes contratos, inicialmente moi longa, fixouse posteriormente por períodos de tres voces ou vidas dos foreiros ou de tres reis e 29 anos máis. Á diferenza da enfiteuse, o foro non era unha cesión perpetua e, polo tanto, non se podía redimir. Os bens aforados debían retornar, co seu correspondente dominio, ao titular do directo que, nalgúns casos, debía pagar as melloras que o foreiro realizara.

Co paso do tempo, as prestacións de carácter señorial van minguando e, na Idade Moderna, só restan o pagamento da renda polo usufruto da terra que se traballa e, en menor medida, dos dereitos de señorío xurisdicional. Desta forma, os labregos van pasando da condición de vasalos á de colonos. O verbo colonar e o substantivo colono aparecen empregados en documentos referidos a Penarrubia. Así, nunha escritura notarial de constitución dun foro do ano 1840 indícase que Juan Antonio López de Neira, veciño de Fonsagrada e dono de dúas terras en Penarrubia, decide extinguir o aforamento desas terras ás persoas que as viñan traballando porque “los malos colonos que las poseyeron no producían la renta que anteriormente.” Noutro documento notarial de 1933 aínda se empregan estas palabras para designar as familias que traballaban as terras e habitaban as casas de Cota e de Vazque con anterioridade á súa adquisición.

O foro, desde o século XVIII, consiste nun contrato entre os señores do directo dominio das terras e as persoas que as cultivan, que ostentan o dominio útil, mediante o cal estes pagan anualmente un canon ou renda a aqueloutros. Por esta razón, os foros, ao seren considerados soamente de carácter contractual, non foron abolidos polo Decreto das Cortes de Cádiz de 1811, que suprime os señoríos na súa vertente xurisdicional, nin tampouco foron erradicados totalmente polas posteriores desamortizacións en incongruencia cos novos principios liberais. Máis aínda, os foros persistirán despois da promulgación, en 1889, do Código Civil español, que no parágrafo 3º do artigo 1.611 exclúe expresamente a súa redención relegando esta medida a unha futura lei especial que se fixo agardar coarenta anos. Iso sí, no artigo 1.655 asimílanse os foros que se constitúan despois da entrada en vigor a outras figuras como son o censo enfitéutico, se son por tempo indefinido, e o arrendamento, se temporais. 

O canon ou pensión que pagaban os foratarios en recoñecemento do dominio directo podía ser en froitos ou en metálico e, ás veces, de ambas formas conxuntamente. Na maior parte dos contratos agrarios, a renda estipúlase case sempre en especie, xa se trate de foros, subforos, arrendamentos ou parzarías. Mais, como afirma Villares, que a renda se fixe en especie non sempre obriga a pagala dese modo. Nos documentos de Penarrubia constatamos esta mesma conclusión: case todos os labregos satisfán a renda en centeo, nalgúns casos tamén se inclúe media galiña e noutros fíxase en metálico. O pagamento en especie evita os efectos inflacionistas e, en períodos de escaseza, propiciaba o incremento dos prezos. Para determinar o canon acudíase ao apeo e ao rateo. Polo primeiro, fixábase a delimitación dos terreos suxeitos a foro e por medio do rateo, a cantidade de pensión que correspondía a cada un dos foreiros. Hai que ter en conta que, ás veces, o dominio directo do forista recaía sobre grandes extensións de terreos que eran aproveitados por múltiples foreiros. Sucedía isto en Penarrubia en varios casos, entre eles no monte comunal. Malia o predio aforado for compartido por varios veciños, o dereito considerábase indivisíbel e existía un réxime de mancomunidade ou solidariedade entre os foreiros de forma que cada un estaba obrigado polo total da pensión. Por isto, unha vez realizado o rateo nomeásese unha persoa encargada de recadar a totalidade da pensión e entregarlla ao aforante. Esta persoa recibía o nome de cabezaleiro, e adoitaba ser, de entre os foreiros, quen pagaba a maior proporción de renda.

Subforos

A partir do século XVI, e nomeadamente no XVII, a fidalguía, que nada posuía de seu e que baseaba todos os seus ingresos nos foros que lles concederan os mosteiros e os nobres, descobre a posibilidade de realizar subforos ou novos contratos de foros nos que estes señores medianeiros —chamados así por seren meros intermediarios—, titulares do dominio útil en virtude dun contrato de foro, pasan a ser aforantes ao realizaren novos contrato cos campesiños, incrementándolles a renda foral a pagar. As plusvalías que obteñen, invístenas, á súa vez, en realizaren novos contratos de foros que poder subaforar, converténdose así no instrumento de poder da nova burguesía rural galega fronte á propia nobreza da terra. E sucede tamén, posteriormente, que esta mesma fidalguía, para capitalizarse, realiza de novo subforos trasladando o dominio útil a labregos acomodados que, á súa vez como aforantes, negocian con veciños seus dos que perciben rendas forais. 

A poboación de Galiza na Idade Moderna experimenta un extraordinario crecemento, duplicándose o número de galegos entre finais do século XVI e mediados do XVIII (en 1591 Galicia conta con 630.000 habitantes e no censo de 1752 xa se fala de 1.300.000 persoas). Este incremento da poboación fixo que os foreiros, que tiñan o dominio útil que lles concederan, introducisen o costume de subarrendar ou ceder todas ou parte das terras a unha terceira persoa que se obrigaba a pagar unha pensión ao señor directo e outra máis ao subaforante ou primeiro foreiro. O subforo é un foro constituído sobre outro foro, é dicir, sobre o dominio útil que unha persoa ten nos bens doutra persoa que ostenta o dominio directo.

Movementos agraristas

No medio deste complexo panorama de foros e subforos, os labregos vivían oprimidos traballando unhas terras das que obtiñan produtos que en gran parte estaban destinados a pagar as rendas aos propietarios e aos seus intermediarios. Xurdiron, como non podía ser doutra maneira, agrupacións de foreiros que loitaron para liberárense das pesadas cargas que supuña esta situación: uns, os menos, eran partidarios do abolicionismo e a maioría, do redencionismo. Os primeiros propuñan a supresión do sistema de foros para convertérense en propietarios das terras sen condicións. Os redencionistas, en cambio, estaban de acordo con que os señores do dominio directo fosen indemnizados pola perda da propiedade. O primeiro intento de redención sucedeu na Primeira República cando se aprobou a efémera Lei de 1873 defendida polo ourensán Juan Manuel Paz Novoa. Estivo en vigor desde agosto de 1873 a febreiro de 1874, e foron moi poucos os foreiros que puideron redimir as rendas. Sucedéronse logo varios proxectos normativos que non acadaron a condición de lei até o ano 1926.

A orixe dos movementos agraristas que teñen como obxectivo a redención dos foros márcaa, no ano 1906, a promulgación da Lei de Sindicatos Agrarios. O Directorio Antiforista de Teis fúndase en 1908. 

Directorio de Teis

Solidaridad Gallega consegue aglutinar as masas labregas na loita contra o caciquismo e os foros entre os anos 1907 e 1912. En 1910 Basilio Álvarez funda Acción Gallega. O programa de mitins de Acción Gallega iniciouse por terras de Meira e foron Basilio Álvarez, Prudencio Canitrot, Cánovas Cervantes e Rafael Carvajal os principais oradores. As eleccións de deputados ás Cortes españolas de 1910 permitiulles participar na campaña activamente presentando tres candidatos: Rafael Carvajal, polo distrito de Mondoñedo; Alfredo Vicenti, polo de Becerreá, e Manuel Portela Valladares, polo da Fonsagrada. O éxito foi resoante para este último e só as trampas dos caciques impediron o triunfo de Alfredo Vicenti. Acción Gallega contou, deste xeito, cun deputado en Cortes. En Becerreá creouse un Comité Antiforista xa en 1909. Elixiuse un Comité central provisional dirixido por Santiago Pereira Neira, un responsable da dirección da loita, outro de propaganda e delegados por cada un dos concellos do distrito de Becerreá. Presentaron a Alfredo Vicenti como candidato a deputado a Cortes polo distrito nas eleccións xerais de 1910. O escritor Prudencio Canitrot describe no número 12 da publicación Acción Gallega a chegada de Alfredo Vicenti a Becerreá para pronunciar un mitin nesta campaña electoral coas seguintes palabras: De súpeto soa no espazo un enorme estrondo; é unha bomba de dinamita; a súa detonación repercute polas montañas, soan outras máis, detense o automóbil. Chegamos á Becerreá. Cun entusiasmo delirante, extraordinario, é recibido o gran don Alfredo Vicenti, candidato que chega ao distrito en busca dos sufraxios do pobo. O pobo en masa de Becerreá aclámao, apértao e séguelle facendo demostracións de enorme agarimo que indican claramente a fe que nel ten depositada. Eu experimento unha intensísima emoción, e o mesmo todos cantos o acompañamos. Imaxinamos que entre os asistentes a este mitin estaría presente algún veciño de Penarrubia, que tamén quedaría impresionado polas palabras do orador. Vicenti competiu co gobernamental Antonio Goicoechea. O Comité de Becerreá acordou “declarar o boicot a todos os que deixasen de votar; aos que, validos da súa riqueza e autoridade, falsifiquen as actas, as rouben, e compren ou vendan votos ou exerzan coacción sobre algún cidadán, e aos que dean comidas, viños e cigarros aos electores“. A elección de 28 de xuño de 1910 foi declarada nula e fixáronse eleccións parciais para o 4 de setembro. Convocáronse novas eleccións parciais para o 25 de decembro, e declarouse a nulidade o 8 de marzo de 1911. Finalmente Antonio Goicoechea, do Partido Conservador, acabou sendo declarado deputado. 

Agrarismo católico

A fins do século XIX, coincidindo coa publicación por León XIII da encíclica De rerum novarum en 1891, creáronse os primeiros sindicatos, cooperativas e caixas rurais de confesionalidade católica, mais foi na segunda década do XX cando proliferaron por toda Galiza. 

Os seus impulsores foron os párrocos rurais asistidos a distancia polos bispos respectivos de cada diocese coa finalidade de responder aos movementos agrarios abolicionistas e tamén para orientar e controlar, como sindicatos de orde, as fortes reivindicacións que contra os foros e o caciquismo estaban realizando os agraristas autónomos. 

No mes de xullo de 1908, constitúese o Consello Diocesano das Corporacións Católico Obreiras (Boletín oficial eclesiástico do Bispado de Lugo: Tomo XXXVI Ano XXXVI Número 6 – 1908 xullo), presidido polo propio bispo e senador Benito Murúa López e con relevantes persoeiros da sociedade conservadora na súa dirección. O seu antecesor no bispado, Gregorio María Aguirre García, chegou a ser primado de Toledo e impulsor, en 1910, das Normas de Acción Católica e Social en España, que tiñan o propósito explícito de “defender a los trabajadores, adelantándose a los enemigos de la religión y del orden“. Se ben a Igrexa non acadou o propósito de aglutinar os movementos obreiros na Confederación Nacional de Obreros Católicos, si o conseguiu entre os labregos a través da Confederación Nacional Católico-Agraria, servíndose, malia a súa explotación e pobreza, do seu sentimento de propiedade para lograr o sometemento aos grandes propietarios das terras. 

Neste Consello Diocesano encontramos como tesoureiro a Victoriano Sánchez Latas, rexistrador da propiedade e, co tempo, presidente da Deputación de Lugo, propietario da maior parte das terras de Penarrubia pola compra que fixera das mesmas aos antigos fidalgos da Casa da Pena.

Este movemento asociacionista católico estrutúrase en organismos reitores de ámbito superior arredor de cada unha das dioceses. Mais os sindicatos e cooperativas non estaban dirixidos polos propios labregos senón que, como mostra Alberte Martínez no seguinte cadro, entre os propietarios, os funcionarios e os profesionais liberais superaban o 50 por cento de representación nos órganos reitores. 

Os párrocos adoitaban ser os auténticos impulsores e directores destas asociacións agrarias e, por isto, sucedía que ao seren trasladados de parroquia ou morreren, estas entidades quedaban expostas ás iniciativas ou o desleixo dos seus sucesores. Canda o párroco, o mestre tamén colaboraba no seu desenvolvemento actuando en moitas ocasións como secretarios. Técnicos agrícolas, enxeñeiros, médicos e avogados participan na dirección non só como profesionais senón tamén como perceptores de rendas de terras da súa propiedade. 

Temos constancia da existencia dunha asociación denominada Neira de Xusá, creada en 1920, e doutra Neira de Rei, creada no mes de maio de 1922. En outubro de 1924 constituíuse a de Baralla.

Coa instauración da República, algúns destes sindicatos volvéronse moi combativos fronte á nova administración política e mesmo chegaron a organizar folgas e promover disturbios. Nestes movementos católicos desembocarán, baixo o impulso de Herrera Oria, na creación dunha fronte política, Acción Popular, co obxectivo de “defender a relixión católica, a propiedade e a familia”, que, posteriormente dará orixe á CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas). 

A familia Sánchez Arrieta

Unha familia moi relacionada con Penarrubia por ser a propietaria das terras que antes pertenceran á casa principal de A Pena é a de Sánchez Arrieta, que, alén desta casa, herdou distintas propiedades adquiridas por Victoriano Sánchez Latas, entre elas as casas de Bacurín, o pazo de Remesil (Friol), o Pazo de Recimil (Lugo) e a casa de Vilarcabreiros. 

Esta familia, xa non pertencente á fidalguía senón á nova burguesía, era dona da casa de A Pena e de moitas das terras da parroquia de Penarrubia e, durante a Segunda República participou activamente nas asociacións católicas a través da caridade e o sindicalismo agrario. Así Mercedes Sánchez Arrieta foi presidenta da Agrupación femenina lucense e vicesecretaria da Asociación benéfica Escuela de Madres y la Gota de Leche. O seu irmán Luis foi Presidente da Federación Católica Agraria. Como tal, coincidindo co bienio progresista republicano, organizou unha folga de labregos o 24 de maio de 1932, dous días despois do remate da folga de transportes mecánicos, contra a suba da contribución. Para impedir que os labregos levasen os seus produtos ao Mercado da capital, organizaron piquetes apostados nos accesos á cidade Por esta razón, segundo a prensa conservadora, Sánchez Arrieta foi detido por orde do gobernador provincial de Lugo xunto ao cóengo penitenciario Gregorio Saavedra Ascariz e o avogado e xornalista Julio Pérez Guerra, ingresando os tres no cárcere (El Ideal Gallego e ABC 25 maio 1932).

Sánchez Arrieta e Saavedra Ascariz… El Ideal Gallego

En cambio, a información que ofrece El Heraldo de Madrid recoñece que foron acusados de organizar manobras instigadoras contra o réxime e de seren os organizadores dunha reunión no local sindical da que, como resultado, ao día seguinte, grupos de agricultores impediron ás leiteiras chegaren á cidade en protesta polo aumento dos impostos municipais. 

Sánchez Arrieta e Saavedra Ascariz… El Heraldo de Madrid

Luis Sánchez Arrieta, enxeñeiro, político e xornalista, fillo de Victoriano Sánchez Latas e de Petra Arrieta Fernández, foi concelleiro en Lugo na ditadura de Primo de Rivera, primeiro tenente alcalde e alcalde interino en varias ocasións. Tamén foi deputado provincial e vocal da Directiva da Federación Católico-Agraria de Lugo en 1927 e presidente en 1929. Dirixiu La Voz de la Verdad, xornal católico editado en Lugo entre 1910 e 1937, desde decembro de 1930 para substituír a Francisco Vázquez Saco, do que quedou como único propietario. Este xornal segue unha tradición antiliberal e tradicionalista e na Segunda República acabou converténdose no voceiro da CEDA. Durante a época da dirección de Luis Sánchea Arrieta, La Voz de la Verdad, desde o punto de vista político, estará aliñado cos movementos da dereita católica que conducirán á Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), dirixida por José Maraía Gil Robles. Os discursos deste político serán reproducidos desde ese momento enteiramente polo xornal como doutrina e ideoloxía. Primeiro, apoia politicamente a Derecha Liberal Republicana, no eido sindical a Unión de Labradores. Posteriormente a Unión de Derechas Lucense, cuxa sede estaba no mesmo edificio do xornal. Defende o sufraxio feminino por considerar que a formación das mulleres era católica e que no momento da votación inclinaríanse cara ás opcións políticas de dereita. Para iso, creouse a Asociación Feminina Lucense, cuxa primeira reunión foi presidida por Mercedes Sánchez Arrieta o 27 de novembro de 1932.

A partir de mediados da segunda década, moitos destes movementos sindicais agrarios católicos van esmorecendo paulatinamente, entre outras causas por deficiencias na organización e polo fracaso que supuxo o investimento no matadoiro frigorífico construído no Porriño, MARUCOGA (Mataderos Rurales Cooperativos de Galicia), como proxecto estrela do sindicalismo católico agrario galego que se xestou en 1924 co obxectivo de crear, baixo o criterio cooperativista, unha rede de dez matadoiros por toda Galiza. A esixencia do pagamento do préstamo estatal concedido para construír o matadoiro baixo a ameaza de embargo aos 7.000 campesiños avalistas supuxo que moitos cooperativistas abandonasen as organizacións.

Decreto lei de Primo de Rivera e a Compilación de 1963

E así chegamos ao ano 1926 en que, durante a ditadura de Primo de Rivera, se promulga o Decreto Lei de 25 de xuño polo que se sentan as bases xurídicas para a extinción dos foros. Este decreto permitíalle ao foratario facerse coa propiedade mediante unha indemnización ao aforante, pero as condicións que se fixaron nestas normas eran favorábeis para os cobradores dos foros, pois na maioría dos casos as taxas da redención supoñían unhas vinte veces o valor da renda, cantidade que non puideron pagar moitos labregos co que, paradoxalmente, algúns foristas intermediarios conseguiron consolidar tamén o dominio útil das terras. Por isto, o Decreto Ley de 1926 non rematou cos foros porque en moitos casos os labregos non puideron satisfacer a indemnización esixida para redimilos. Corenta anos despois, a Compilación de Galicia de 1963, con aplicación tamén a comarcas limítrofes de Asturias, León e Zamora, regulou a extinción definitiva dos foros no artigo 3.º e, na súa disposición final terceira, derroga expresamente as normativas en vigor: o devandito Real Decreto lei de 1926, o seu Regulamento de 23 de agosto do mesmo ano e o Decreto de 3 de novembro de 1931. Isto afecta os foros constituídos antes da entrada en vigor do Código civil, pois os constituídos con posterioridade, como xa dixemos, se son temporais actuarán como un contrato de arrendamento e se o son por tempo indefinido trataranse como enfiteuse. Así pois, tralo período transitorio de dez anos contemplado na Compilación de Galicia, desde finais do ano 1973 os foros fican extinguidos e quen antes era foreiro será dono exclusivo da terra segundo o artigo 35 en relación coa disposición transitoria segunda desa norma xurídica.

Proba de que a vixencia dos foros persistía témola na demanda presentada no Xulgado de Becerreá o 24 de febreiro de 1964, na que José Isaac Fernández Sanmartiño, en calidade de fillo herdeiro de Asunción Sanmartiño Neira e en beneficio da comunidade hereditaria, fai valer os dereitos como aforante da Casa do Barreiro fronte a varios veciños do lugar de Souto da mesma freguesía de San Martiño reclamando o pagamento de rendas conforme o permite aínda a Compilación de Dereito Civil Espacial de Galiza.

Boletín Oficial da Provincia de Lugo de 11 de marzo de 1964, número 59

Foros en Penarrubia

1789. Foro redimíbel de Nilarelle

Do ano 1789 existe un documento foral consistente na escritura de compravenda dun foro redimíbel de Nilarelle, cuxo resumo figura no medio folio que antecede a escritura completa. Trátase do documento de maior antigüidade que conservamos. Está encabezado polo Selo de Carlos IV. Carolus IV D. G. Hispaniarum Rex e presenta algunha dificultade de lectura debido ás abreviaturas e á caligrafía procesual con abundantes enlaces entre palabras. 

Foro Nilarelle

O resumo é o seguinte: Escritura de venta de censo redimible de treinta y tres reales que Benita Fernández viuda de D. Ángel López en compañía de su hijo mayor quedado de dicho matrimonio ya emancipado en su compañía D. Pedro López vecino del lugar de Penarrubia vendieron a favor de D. Felipe González Rosón vecino de la Barrosa pagadero el dia 29 de agosto de cada año ypotecado en todos sus bienes y especial ypoteca llamada da Veiga de Nilarelle sita en los terminos del lugar citado da Barrosa Sembradura de cinco fanegas y media y cerrada sobre si y se riega con las aguas que vienen de la Canteira confina con camino que vaja de Cernadas para la Pena y otra parte con chousa de Domingo González y consortes: paso dicho instrumento en 29 de agosto de 1789 ante el escribano D. Roque de Otero y Seijas vecino de Furís. Penarrubia censo de 33 reales. Selo de pequeno tamaño de Faustino Pambley. Benita Fernández, viúva de Ángel López, e o seu fillo Pedro López, de Penarrubia, venden a Felipe González Rosón, de A Barrosa, un censo redimíbel consistente na renda anual de 33 reais de vellón, censo hipotecado en todos os bens e especialmente coa Veiga de Nilarelle, na Barrosa, de cinco fanegas e media, cerrada e regada coas augas procedentes do rego da Canteira. Confina co camiño que baixa de Cernadas cara A Pena e coa Chousa de Domingo González. Por varios motivos, cremos que o predio hipotecado neste foro é a actual Chousa do Costureiro. En primeiro lugar, polos estremeiros que se citan xa que polo sur linda co camiño que baixa de Cernadas á Pena; en segundo lugar, polas augas do rego da Canteira que aínda hoxe entubadas chegan a este predio; e, en terceiro lugar, pola súa superficie, xa que as cinco fanegas e media coinciden coa extensión que figura na escritura de compravenda posterior. Benita Fernández, viúva de Ángel López Fernández, e o seu fillo Pedro López Fernández pertencían á casa de Lopo. En 1770, encontramos como clérigo patrimonial a Felipe González Rosón, veciño de A Barrosa. Descoñecemos sobre que terras recae este censo de 33 reais de vélaro. Vemos que se trata dun censo redimíbel e que, por tanto, non é perpetuo como sucede noutros casos. E sobre este censo constitúese unha hipoteca sobre a denominada Veiga de Nilarelle. 

1902. Redención do foro redimíbel de Nilarelle

Pois ben, do ano 1902 existe un documento notarial de redención dun foro por parte de José Álvarez Bolaño e Antonio Álvarez Fernández, outorgado perante Emilio López de Neira Vidal, notario de San Pedro de Ferreiros, Neira de Xusá, número de protocolo 245/1902, datado o 04/02/1902. Comparecen: Dunha parte: José Álvarez Bolaño, de 46 anos, casado, veciño de Penarrubia, e Antonio Álvarez Fernández, 39, casado, veciño de Penarrubia. Doutra parte: Asunción Sanmartino Neira, de 33 anos, viúva, propietaria, veciña do barrio do Barreiro, parroquia de San Pedro de San Martiño, quen, por herdanza de seu pai, Faustino, é dona de percibir un foro ou pensión anual de 33 reais en cartos, que veñen satisfacendo os outros dous comparecentes a partes iguais. Non se pode acreditar a constitución do título de tal censo nin especificar as fincas afectadas. Vende o censo por 275 pesetas. Pagan no acto 137,50 ptas. As outras xa foran entregadas con anterioridade. Son testemuñas Francisco Telo Pérez, industrial, veciño da Vidueira, e José López Castedo, labrador, de Constantín. Isto é, aquel foro constituído no ano 1789 sobre terras indeterminadas, como garantía do cal fora hipotecada a Veiga de Nilarelle, acaba sendo redimido 113 anos despois por 275 pesetas por José Álvarez Bolaño, da casa do Costureiro, e Antonio Álvarez Fernández, da casa da Cota. Velaquí un exemplo dun foro sobre unhas terras indeterminadas que se segue pagando durante máis dun século antes de ser redimido. Tamén puidera ser que non se tratase dunha renda territorial senón xurisdicional, que se satisfacía como residuo de antigas relacións persoais con determinado señorío. 

1840. Constitución de foro sobre a casa de A Castellana e outros predios

Do ano 1840 existe un documento notarial de constitución dun foro en Penarrubia de dúas herdades. O forista concedente é don Juan Antonio López de Neira vecino de la villa de Fuensagrada [sic] e a forataria, Dª. Maria López Moreno y Bolaño vecina del expuesto lugar y parroquia de Santa Maria de Penarrubia. Unha das fincas aforadas é una huerta y pieza de heredad en el centro de esta poblacion nombrada do Lousado cerrada de sobre si con pared y… que la divide y llebara en sembradura un ferrado de centeno poco mas o menos confinante por oriente con el camino publico de dicho lugar, por poniente con heredad y cortiña de Jose López y por mediodia con Jose Vazquez del referido lugar; a segunda está situada en el agro da Paná, a do dicen Pereira da Baliña que hara en sembradura media fanega de la misma especie y linda por Septentrión con otra de la casa principal de la Pena, por poniente y mediodia con Manuel López Moreno y por oriente con Andres Martinez. A huerta y pieza de heredad a que se refire o primeiro dos predios podería ser o Horto de Arriba do Costureiro polas lindes con que se describe: polo leste, o camiño; polo oeste, a cortiña de Lopo; mais, polo sur descoñecemos a quen se pode referir a identidade de José Vázquez pois por ese lado confina este horto coa casa da Abraira, cuxos titulares, que non teñen ese apelido, habitaban a chamada noutro documento casa do Lousado tal e como sucede aquí.

Este contrato de aforamento de ambos predios é por tempo indefinido para en todo tiempo de siempre jamás a la espuesta Dª Maria López Moreno y Bolaño.. vajo las clausulas y condiciones siguientes. Primera, que ha de traer las indicadas huerta y pieza de heredad bien grangeadas, reparadas y cultivadas de modo que bayan en aumento y no en disminucion costeando a sus espensas los perfectos y reparos que precisen à asegurar la renta de este foro. Segunda, que ha de pagar en el dia ocho de setiembre de cada un año en manos y poder del D. Juan Antonio de Neira o quien le represente los veinte reales de vellon libres de toda pension y tributo o contribuciones Reales y Nacionales que a lo sucesivo sobre ellas puedan gravitar en cualquiera manera, pena de ejecucion y costas. Tercera y ultima, que si pasasen tres años sin pagar los veinte reales, renta en que consiste este foro haya de caer en comiso y poder usar el de Neira de las fincas aquí aforadas sin contienda ni figura de juicio. A renda anual en metálico deberá ser satisfeita o día 8 de setembro e consiste en vinte reais de vélaro libres de toda pensión, tributo e contribución. A terceira das cláusulas recolle a pena do comiso, consistente, para o caso de incumprimento nos contratos forais, na extinción do dereito do dominio útil e na perda do reintegro do importe dos gastos realizados polo foreiro nas melloras no predio.

¿Por que actúa como outorgante nesta escritura notarial unha muller e non un home? ¿Quen era esta María López Moreno y Bolaño? Con toda probabilidade, a resposta á primeira pregunta pode ser contestada porque esta muller sería viúva. Ser for casada, actuaría como tal o seu home porque neste estado civil as mulleres carecían de dereitos por si mesmas. Polos apelidos López Moreno e Bolaño, pensamos que gardaba relación de parentesco tanto coa casa de Moreno como coa de Costureiro. Os apelidos López Moreno, como xa vimos, aparecen en varios documentos identificados coa casa de Moreno e o apelido Bolaño, coa casa de Costureiro. Outra proba da relación desta muller con esta casa constátase nun documento privado de xaneiro de 1924 no que consta que Casimiro Álvarez González, de corenta anos, casado con Josefa Fernández Fernández, redime, entre outros, un foro hecho por D. Juan Antonio López de Neira a favor de Doña María López Moreno y Bolaño, en donde consta marcada la renta de cinco pesetas o veinte reales.

1846. Foro con hipoteca da casa do Costureiro

Do ano 1846 existe un documento notarial de especial interese porque nel volve asociarse á constitución dun foro o dereito real de garantía hipotecaria. José López, da casa de Lopo, demandara a María Bolaño, da antiga casa do Costureiro, porque ha construido una nueva obra confinante a la casa de su habitación aumentando esta a la parte superior en donde tiene una cortiña el José López comprendiéndole parte de ella en la referida casa y causándole perjuicios en el resto de aquella parte, motivo por que acudió a la autoridad y consiguió mandamiento de coto privándola de dicha construcción como era regular. Debemos recordar que a antiga casa do Costureiro estaba apegada ao comarón da cortiña de Lopo aproveitando a súa construción o desnivel existente entre o soar da vivenda e o predio superior. María Bolaño aumentou en altura a casa e isto motivou que o demandante acudise ao xulgado por invadir esta obra a súa cortiña. Acádase unha transacción pola que la María Bolaño, sus hijos y sucesores han de pagar al López o a los suyos tanto por razón de los perjuicios causados en la parte inferior de la expresada cortiña que se nombra da Porta cuanto por el terreno que ha comprendido en su casa un ferrado de centeno de renta anual por la medida que se usa en Neira de Rey buen grano limpio de toda maleza primera paga para Agosto próximo y así lo sucesivo sin falta ni descanso pena de ejecución a costa de que ningún tiempo han de poder la María Bolaño ni sus herederos adelantar la nueva obra hacia el terreno del López de los puntos que han designado y según se halla en el día y que esta y los suyos tampoco han de poder hacer ninguna reclamación sobre la precitada obra construida de que se aparta el José López. Con lo cual se han por transigidos y ajustados en el asunto de que queda echo merito confesando quedan satisfechos y contentos y que no lo hacen por temor de que no les fuese guardada justicia y si por que en ello reciben mutua conveniencia sin que haya engaño. Isto é, María Bolaño e os seus sucesores vense obrigados a satisfacer a renda anual de un ferrado de centeo. Mais, como garantía do cumprimento desta prestación, ten que hipotecar la María Bolaño a la seguridad del ferrado de centeno la casa y bienes que tiene y tuviere. Por esta razón, a escritura notarial queda anotada na Contadoría de Hipotecas de Becerreá no mes de agosto de 1846. Nun documento adxunto consta o recibo acreditativo da Contadoría de Hipotecas do pagamento dos dereitos por translación de dominio correspondentes á renda indicada de un ferrado de centeo pola medida de Neira de Rei. Posteriormente, esta transacción cos compromisos adoptados foron presentados no Rexistro da propiedade de Becerreá, mais por falta de especificación de datos, esta solicitude foi denegada segundo constatamos na Gaceta de Madrid de 26 de decembro de 1871. 

Gaceta de Madrid

Este foro estivo en vigor durante 82 anos, exactamente até o 3 de setembro de 1928 en que Casimiro Álvarez o redime pagando o prezo de 106 pesetas con 65 céntimos. Mais nesta redención, claro está, ningún dos dous outorgantes da súa constitución é o mesmo. Agora, como titulares do dereito ao cobramento da renda figuran Antonina Núñez Puente, viúva de Antonio Puente Méndez, veciña de Madrid, no seu propio nome e en representación do seu outro fillo, Alberto Puente Núñez, e Antonio Puente Núñez, solteiro, médico, da mesma veciñanza. E pola casa de Costureiro actúa Casimiro Álvarez González, neto de María Bolaño. Ambas partes recoñecen que Antonio Puente Méndez tiña dereito a cobrarlle a Casimiro Álvarez e a seu pai a pensión anual de un ferrado de centeo, medida de Neira de Xusá, renda que figura na escritura outorgada o 26 de xullo de 1846 a María Bolaño. Coa redención deste foro fica tamén cancelada a hipoteca que o garantía. Descoñecemos quen eran as persoas que cobraban esa renda. No Diario Oficial do Ministerio da Guerra de 19 de febreiro de 1916 figura un aspirante a ingreso na Academia de Infantería co nome de Alberto Puente Núñez, que non consegue superar as probas de acceso, e no BOE do 17 de agosto de 1938 aparece tamén co mesmo nome e apelidos o nomeamento do emprego de Tenente Provisional Auxiliar de Estado Maior. Un médico chamado Antonio Puente Núñez figura no BOE de 11 de febreiro de 1949 con destino en Neira de Xusá e na relación histórica de cargos do Colexio Oficial de médicos de Lugo aparece tamén como secretario. ¿Como pasou o dereito á cobranza da renda desde José López Núñez, da casa de Lopo, en 1846, a estas persoas en 1928? ¿Existe algún parentesco entre eles e o foro foise transmitindo por herdanza ou os dereitos do foro foron vendidos pola casa de Lopo a alguén de fóra da familia? Calquera das dúas posibilidades era admitida para a transmisión dos dereitos de foro, xa for por herdanza ou inter vivos, pois ao gozar da consideración de dereito real no século XIX, os foros tamén circularon no mercado como dereitos negociábeis polos seus posuidores.

1848. Foro perpetuo da casa de A Castellana e outros predios

Resulta interesante analizar o foro perpetuo outorgado en 1848 a Vicente López Moreno e a súa muller, Manuela García. Paga a pena reproducir na súa integridade este documento polo seu valor histórico como mostra do funcionamento do complexo sistema dos foros na Galiza.

Foro perpetuo casa A Castellana

[Nunha octavilla cosida ao primeiro folio] Foro que ¿otorgó? D. Ramón Díez de Freijo a fabor de D. Vicente López Moreno y su mujer Dª Manuela Garcia vecinos de Penarrubia de una casa y varias fincas sitas en dicho lugar por la que pagan ciento cincuenta reales anualmente.

En el lugar y parroquia de Santa Maria de Penarrubia, ayuntamiento de Neira de Jusá, partido de Becerreá, a diez y nueve de Noviembre de mil ochocientos cuarenta y ocho: ante mi Escribano y testigos D. Ramón Díez de Freijo vecino del lugar de Balin parroquia de San Pedro de Esperela en el ayuntamiento de la Baleira, capaz para contratar dijo: afora y dá en título de foro perpetuo desde ahora para siempre a D. Vicente López Moreno y á su mujer Dª Manuela Garcia de esta población de Penarrubia aunque lo fueron de Madrid hasta hace poco tiempo. Hallanse presentes y lo reciben para ellos y quien les suceda, a saber lo que les afora: una casa de piedra cubierta de losa compuesta de cocina horno de cocer pan, dos cuartos, cuadras y demás oficinas, sita en ese lugar de Penarrubia, confinante por arriba por camino concejil, norte los recipientes, naciente y mediodia Andrés Martinez; la era, huerto y cortiña que es anexa a dicha casa y se halla a la parte de abajo de la casa de los recipientes, de llevar en mensura cinco ferrados; linda en el naciente con la cortiña do Freijo de Vicente Abraira y otros, mediodía Andres Martinez, poniente los recipientes; el prado del Molino con mitad del arinero que tiene en su parte inferior correspondiento el otro mitad del molino á D. Jose López y á Andres Martinez hara en mensura dicho prado tres ferrados, perteneciendo el otro mitad a Pedro González Miguelin, confinante por el mediodia con el prado de la parceria, norte Jose Fernández Gasallo y por arriva presas con cuya agua se riega; el soto nombrado do Patal y Rego da Devesa con diez y siete pies de castaños viejos y veinte y cuatro nuebos plantados de cinco á seis años á esta parte; y finalmente todos los bienes raices anexos á la referida casa, que unos y otros han pertenecido a Felipe Antonio Fernández ahora difunto y vecino que fue de esa poblacion de Penarrubia, en cuyos terminos se encuentran y fueron enagenados a favor de D. José Díez de Freijo hermano del aforante cuyos derechos representa los cuales se dividieron en la operacion hecha por el perito D. Ramon Alvarez de … de Martin, segun consta del espediente de ejecución seguida

[Segundo folio] en Neira de Rey á testimonio de D. Pedro Fernández Lombardia y del termino del pleito que pende en el juzgado de primera instancia de este partido, seguido entre el D. Ramon Díez y D. Jose Pillado Montenegro como curador de D. Antonio, D. Ramon y D. Jose Osorio de Balderia, sin que se entiendan comprendidos en este foro mas bienes que los que existen en los terminos de esta población, pues un prado que se halla en Furis y una caseta que esta en ¿Fontes? queda reservado a D. Ramon Díez. Y segun queda dicho se los afora con los corrales de la casa, agua de riego, entradas, salidas, usos, costumbres y ragadios bajo las condiciones: 1ª renta y condiciones siguientes: que teniendo en consideracion que por aumento o conrogo entregaron en este acto los D. Vicente López Moreno y su mujer Dª Manuela Garcia al D. Ramon Díez de Freijo tres mil reales en monedas corrientes de que les otorga recibo, solo han de pagar a este o quien le suceda por los indicados bienes ciento cuarenta reales de renta anual, pagos en la mencionada casa aforada al D. Ramon o a quien le represente por el dia treinta de noviembre de cada año principiando en el de mil ochocientos cuarenta y nueve. 2ª Forma de ejecución y costas: que los ciento cuarenta reales han de ser libres de toda contribucion ordinaria, extraordinaria y municipal o de cualquier clase para el aforante, puesto que la que se cargue a dicha renta queda a cargo de los recipientes, asi como tres fanegas menos un tego de centeno, once reales en dinero y media gallina en pluma que por los mismos bienes se pagan a los herederos de D. Antonio Ulloa de la casa principal de la Pena por directo dominio quedando los ciento cuarenta reales libres de toda gavela para el D. Ramon Díez de Freijo. 3º que este queda ligado a la evicion y saneamiento de los precitados bienes y al sequito de cualquiera pleito que por su razón hubiese …. dejar pacificos poseedores a los recipientes sin causarles gastos y caso de que resulte falencia también queda constituido a la devolucion de los tres mil reales recibidos por razón de conrogo con los juros desembolsos, perfectos y mejoramientos, a que se sujeta en forma dicho aforante: 4º que los recipientes han de ¿traer? los bienes aforados bien gobernados para que vayan en aumento y no disminuyan. 5º que no han de estar tres años a la continua sin pagar los ciento cuarenta reales impuestos en este foro, las tres fanegas menos un tego de centeno, once reales en dinero y media gallina de pluma al dueño del dominio directo, pena de que este foro caiga en [Terceiro folio] comiso. Bajo cuyas condiciones, la de que en el caso de comiso de que trata la última condición, no tienen derecho los recipientes a reclamar los tres mil reales de conrogo al aforarse, se aparta éste del derecho y accion que a ellos les competia y quedando según queda ligado á su evicion, segun queda dicho lo cede en los López y su mujer con suficiente poder para posesionarse cuando y como les convenga; y en señal de ella y verdadera tradicion de lo ¿util?, les entregó esta escritura que la aceptaron y volvieron a mi escribano para protocolizar. Queda de cuenta de los mismos recipientes pagar todos los derechos que cause esta escritura incluso el dos por ciento a la hacienda y entregar al aforante copia visada por el oficio de hipotecas. A su estabilidad y ejecucion sujetan sus personas y bienes con sumision para su cumplimiento a las Justicias de S. M. que ¿renuncian? Las leyes de su favor. Asi lo dijeron, otorgan y firman escepto la Dª Manuela Garcia que ¿afirmo? no sabe. ejecutalo a su ruego un testigo, siendo presentes D. Juan Calderón vecino del imediato lugar de la Pena, D. Jose y D. Ramon Nadela, hermanos, el primero cura, vecino este de Penarrubia. De lo cual conocimiento y haberles advertido lo conducente a la toma de razon en el oficio de hipotecas, segun está prevenido, yo exmo. doy fe” Ramon Díez de Freijo” Vicente López Moreno” Testigo á ruego: Juan Calderón” Testigos: Ramon Nadela” Ante mi: Domingo Mª Gómez————————–

Asi resulta de su original, que escrito en un pliego del sello cuarto queda en mi poder…..

[Canda esta escritura únese unha copia arrendamento dun prado en Furís solicitada por D. Ramón Díez Freixo].

Este contrato de aforamento foi presentado no Rexistro da Propiedade de Becerreá para a súa inscrición, mais esta foi denegada por “falta de algunos confines y de discretación otras”, segundo consta na Gaceta de Madrid de 26 de decembro de 1871.

En primeiro lugar, tentamos identificar as persoas comparecentes por ambas partes nesta escritura de outorgamento de foro. Do aforante dise que se chama Ramón Díez de Freixo e que é irmán de José Díez de Freixo, quen con anterioridade comprara estes inmóbeis ao veciño de Penarrubia Felipe Antonio Fernández. Trátase dun irmán de José Ramón Díez [de Freixo] Ulloa (1826-1895), fillo de Andrés José Díez de Freixo e de Vicenta Ulloa de las Riberas e casado con María Pilar Cortón Camba, natural de San Pedro de Vilalle, freguesía do veciño concello de Castroverde. Noutro documento datado en 1924 figura Aniceto Díez Cortón como vendedor do dereito de rendas a Casimiro Álvarez González, da casa do Costureiro, e a Enrique Fernández Fernández, da casa de Preto, e del dise que, por herdanza do seu defunto tío, é dono desa renda anual consistente en corenta pesetas, das que trinta corresponden á casa de Costureiro e as dez restantes á casa de Preto en virtude deste foro feito por Juan Antonio López de Neira a favor de María López Moreno Bolaño. Efectivamente, Aniceto era un dos catro fillos do matrimomio José Ramón Díez Ulloa – María Pilar Cortón Camba: Alfredo, Aniceto, Pilar e Ramiro.

En Anales de cirugía: periódico de la Academia Quirúrgica Matritense dos anos 1846-1847 consta que un tal don Ramón Díez de Freijo se inscribiu como socio fundador da Academia Quirúrgica matritense o 13 de xullo de 1836, “diciendo haber nacido en Balonga, provincia de Lugo, el 31 de julio de 1794, y por consiguiente, tenía 42 años al tiempo de inscribirse en la Sociedad: falleció el día 14 de enero del presente año en esta corte”. Estaba casado con Francisca López Tuero, quen en 1846 solicita a pensión de viuvez a esta sociedade. Evidentemente, este médico debe de gardar relación de parentesco co aforante do mesmo nome, mais, dado que morre en 1846, non pode ser a mesma persoa que comparece no ano 1848 nesta escritura. Por outro lado, do Freixo da escritura dise que é do lugar de Balín (Valín), parroquia da Esperela, mentres que do Freijo médico afírmase que é nacido en Valonga, concello de Pol. Mais o feito de que coincidan tanto o nome como os apelidos permite pensar na relación familiar de ambos xa que non deducir a mesma identidade.

Os foreiros Vicente López Moreno e a súa muller, Manuela García Calderón, son os pais de Joaquín López García, quen, no ano 1884, vende a casa da Castellana a José Álvarez Bolaño, do Costureiro. Dos membros deste matrimonio dise que foron veciños de Madrid. Por isto, posibelmente, ao facérense con esta vivenda, a súa casa fose coñecida como da Castellana antes de ser comprada pola familia do Costureiro. Como xa dixemos anteriormente, tanto Vicente como Manuela eran naturais de Penarrubia, emigraron a Madrid onde el desenvolveu a súa vida laboral e regresaron a Penarrubia unha vez que o varón se xubilase como co grao de sarxento. 

De Manuela García Calderón sabemos tamén que levara en arrendo un despacho de pan en Madrid situado en la calle de Ciudad Rodrigo de esta Corte, número 17 , e que no ano 1850 lle subarrenda a Francisco Bolaño por el término de 3 años que principiarán a correr en 1º de Marzo próximo de 1853, durante cuyo tiempo no podrán el Francisco Bolaño dejar esta tienda por ningún concepto ni Doña Manuela quitársela…asi como tambien podrá seguir en la misma con tal que cumpla exactamente lo estipulado y precedida conformidad por escrito de la ¿arrendatario? o la representante; pero no podrá dejar de expender pan en ella hasta el momento de entregarla en la misma la Dª Manuela o quien haga sus veces… Es de cuenta del Bolaño todas las contribuciones y gastos que se originen en la referida tienda y que aquella ha de percibir los expresados 530 reales sin descuento alguno y únicamente se obliga la Dª Manuela a poner la tienda de papel cuando esté en mal estado el que tiene hoy. Noutra páxina final cosida ao testamento de Manuela García indícase que Vicente López Moreno é curmán deste Francisco Bolaño.

Chama a atención que a constitución do foro sexa a perpetuidade desde ahora para siempre porque, como xa explicamos, o habitual era que os foros se establecesen por tempo limitado ou que non se declarase a perpetuidade de forma expresa.

Os bens inmóbeis aforados son os seguintes: 

Una casa de piedra cubierta de losa compuesta de cocina horno de cocer pan, dos cuartos, cuadras y demás oficinas, sita en ese lugar de Penarrubia, confinante por arriba por camino concejil, norte los recipientes, naciente y mediodia Andrés Martinez. Trátase da actual casa do Costureiro. Dela dise que está lousada. Isto que hoxe nos parece habitual non o era tanto naqueles tempos en que a maioría das casas eran pallozas, isto é, cubertas con xestas ou palla. Cando se especifica que se trata dunha casa cuberta con lousa era porque outras casas non tiñan ese tipo de teitume. Dise que a casa conta con forno de cocer pan. Isto penso que o debemos entender como que o forno está apegado aos muros da casa e non exento como sucede actualmente. Pouco máis di da casa: número de cuartos, cortes e demais oficinas. Por oficinas entendo que se refire aos anexos necesarios para calquera casa de campo como pendellos para gardar leña, carro e outros útiles do campo. Os lindes coinciden totalmente cos actuais: o camiño por arriba, isto é, polo oeste; a casa dos aforados polo norte quere dicir que este matrimonio era da casa de Moreno; e polo leste e sur, as propiedades de Andrés Martínez, da casa de Martiz.

La era, huerto y cortiña que es anexa a dicha casa y se halla a la parte de abajo de la casa de los recipientes, de llevar en mensura cinco ferrados; linda en el naciente con la cortiña do Freijo de Vicente Abraira y otros, mediodía Andres Martinez, poniente los recipientes. Interpretamos que os tres predios que se citan en realidade constitúen unha única parcela con tres espazos que se dedican a distintas actividades. A aira, interpreto, estaría situada a carón da casa polo norte no espazo onde actualmente se encontra o pendello. E o horto e a cortiña son tamén espazos próximos á casa dedicados, no caso do horto, ao cultivo fundamentalmente de verduras, legumes e tamén, nalgúns casos, árbores froiteiras; e no caso da cortiña, ao cultivo de cereais, nabos, hortalizas e, posteriormente, patacas.

O terceiro ben que se afora é el prado del Molino con mitad del arinero que tiene en su parte inferior correspondiendo el otro mitad del molino á D. Jose López y á Andres Martinez hara en mensura dicho prado tres ferrados, perteneciendo el otro mitad a Pedro González Miguelin, confinante por el mediodia con el prado de la parceria, norte Jose Fernández Gasallo y por arriva presas con cuya agua se riega. Créanos confusión a división en partes do muiño citado: afórase a metade deste muiño sendo que a outra metade pertence á casa de Lopo e de Martiz, mais dise tamén que a outra metade pertence á Casa de Miguelín. ¿Como se entende que unha unidade se compoña de tres metades como aquí se afirma? Por outro lado, pensamos que este muiño era o que noutrora existiu no Prado Grande lindando coas Parcerías a carón da presa que usaban as mulleres para lavaren a roupa. Os nomes que se citan como titulares da mancomunidade do muíño son, como dixemos, os que corresponden respectivamente ás casas de Lopo, Martiz e Miguelín. Polo norte indícase que José Fernández Gasallo, que identificamos coa casa de Preto. Seguimos facéndonos preguntas sobre este Prado do Muíño. ¿Estaba situado no noroeste do actual Prado Grande da Reitoral? Finalmente, o resto dos bens aforados son el soto nombrado do Patal y Rego da Devesa con diez y siete pies de castaños viejos y veinte y cuatro nuebos plantados de cinco á seis años á esta parte; y finalmente todos los bienes raices anexos á la referida casa. Mais, tanto o souto do Patal como o Rego da Devesa son excluídos posteriormente nunha dilixencia que realiza o escribán nesta escritura para deixar constancia da corrección debida á equivocación involuntaria do aforante. 

Como elemento interesante, neste documento inclúese o conrogo, que consistía nunha cantidade inicial que entregaba o foreiro ao aforante no momento da constitución do foro. Neste caso trátase dunha cantidade moi elevada, que pagaban D. Vicente López Moreno y su mujer Dª Manuela Garcia al D. Ramon Díez de Freijo tres mil reales en monedas corrientes de que les otorga recibo, solo han de pagar a este o quien le suceda por los indicados bienes ciento cuarenta reales de renta anual, pagos en la mencionada casa aforada al D. Ramon o a quien le represente por el dia treinta de noviembre de cada año principiando en el de mil ochocientos cuarenta y nueve. Talvez este elevado conrogo explique o feito de que o foro se constitúa a perpetuidade e equivalia á suma de 21,43 anualidades de 140 reais de renta.

Tamén se inclúe neste contrato a cláusula de comiso con penalización da perda do conrogo entregado Bajo cuyas condiciones, la de que en el caso de comiso de que trata la última condición, no tienen derecho los recipientes a reclamar los tres mil reales de conrogo.

Nesta escritura de aforamento tamén podemos constatar a existencia do subforo porque os aforados, ademais de pagar a Ramón Díez de Freijo o conrogo inicial de 3.000 reais e a renda anual de 140 reais, teñen que seguir pagando ao señor do dominio directo a renda de tres fanegas menos un tego de centeno, once reales en dinero y media gallina en pluma que por los mismos bienes se pagan a los herederos de D. Antonio Ulloa de la casa principal de la Pena por directo dominio quedando los ciento cuarenta reales libres de toda gavela para el D. Ramon Díez de Freijo. A primeira das rendas é pecuniaria mentres que esta última é mista pois págase en especie (centeo e media galiña) e en cartos (11 reais). Rendas que, era o habitual, debían satisfacerse, como se indica no documento, en la mencionada casa aforada al D. Ramon o a quien le represente por el dia treinta de noviembre de cada año principiando en el de mil ochocientos cuarenta y nueve. A fixación do último día de novembro como data para realizar o pagamento da renda débese a que nese mes remata o período agrícola pois xa se teñen realizado as colleitas dos produtos sementados e coincide tamén coa matanza do porco. Isto tamén explica que as maiores revoltas dos agraristas contra os pagamentos das rendas se realizasen neste mes. Así, o día 28 de novembro do ano 1922, en Sobredo, parroquia de Guillarei, no concello de Tui, fronte á desobediencia civil e o boicot dos foratarios, intervén a Garda civil matando tres persoas.

1879. Escritura de compravenda do dominio útil do Valado

Data: 3 de xaneiro de 1879. Notario: Francisco Carballo, en Santa María de Constatín, distrito de Neira de Xusá.

Vendedor: Vicente Díaz Vieito, natural e veciño de A Pena, de 56 anos. Sen documento inscrito ao seu favor, vende o dominio útil. Comprador: Francisco Álvarez González, natural de Furís, veciño de A Pena, de 65 anos. Francisco é o pai de José Álvarez Bolaño, casado con María Bolaño filla (1838-1867). Francisco Álvarez (¿nado no ano 1813?) era natural de A Azoreira, parroquia de Furís. A veciñanza de A Pena que figura na escritura é un erro.

Finca cortiña, de produción anual, chamada Valado, da parroquia de Penarrubia, de mensura aproximada 30 áreas. Lindes: Norte: Outra de José Fernández. Leste: máis de Manuel Méndez. Sur: Outra de Ángel Calderón. Oeste: Máis de Manuel López. Sérvese polo sur, non debe servizos. Está afecta por razón de directo dominio a dous ferrados e medio de centeo, que se pagan anualmente pola medida de Penarrubia á casa principal de A Pena. Valor útil: 640 reais. Prezo: 640 reais, ou sexa, 160 pesetas. O comprador do dominio útil e os seus herdeiros comprométense a pagar puntualmente a mencionada renda á casa de A Pena. Ambos, comprador e vendedor, obríganse tamén a pór en coñecemento dos seus representantes este contrato. Reserva de hipoteca legal ao Estado polo que se lle adebede. Testemuñas: Manuel Tourón, veciño de Meicerán, As Nogais. Pedro Pombo, de Piñeira. Diego Arias, de Constantín. O comprador, no prazo de 30 días, debe pagar os dereitos correspondentes a Facenda. A copia da escritura debe inscribirse no Rexistro da Propiedade.

Deste vendedor do dominio útil, Vicente Díaz Vieito, cremos que se trata do mesmo que dez anos despois, isto é, en 1889, na escritura pública de arrendamento do Valado, figura como arrendatario dos Pedragás, que naqueles momentos eran propiedade aínda de José Pedrosa Ulloa, da casa de A Pena. Polo norte, José Fernández é, sen dúbida, José Fernández Gasallo, da casa de Preto. O Manuel Méndez que limita polo leste é da casa de Ruán. Polo sur indícase que é titular Ángel Calderón, persoa que encontramos tamén nun documento de recoñecemento de débeda do ano 1871 como da casa do Furoco de Val, que recibira como empréstito de Francisco Álvarez de Penarrubia, pai de José Álvarez Bolaño, un total de 320 reais, que Ángel Calderón está adebedando a Manuel Cordeiro da Azoreira, sobriño de Francisco Álvarez González. Polo oeste cítase a Manuel López. Trátase da Mura, que levaba en arrendo a casa de Lopo segundo se indica na escritura pública de arrendamento do ano 1889 na que se afirma que este predio, de Pedrosa Ulloa, é levada en arrendo por Manuel López da casa de Lopo. Existe, por tanto, a indefinición nestes documentos das persoas que levan as terras limítrofes co Valado. Na descrición hai referencias tanto a aforados, como arrendatarios e mesmo pensamos tamén na posíbel existencia de pequenos propietarios. Mais, consideramos que a totalidade dos Valados hoxe do Costureiro e do Ferreiro, os Pedragás, as Portelas incluído o Forxo e A Mura eran nese momento propiedade (dominio directo) da familia Pedrosa Ulloa, da casa de A Pena. Por isto, no caso do Valado, na escritura resáltase que este predio está afecto por razón de directo dominio a dous ferrados e medio de centeo, que se pagan anualmente pola medida de Penarrubia á casa principal de A Pena por valor útil de 640 reais. Por isto, o comprador deste dominio e os seus herdeiros comprométense a pagar puntualmente a mencionada renda á casa de A Pena. Ambos, comprador e vendedor, obríganse tamén a pór este contrato en coñecemento dos representantes dos propietarios do dominio directo.

Resulta significativo que o 26 de maio 1889, dez anos despois do outorgamento da escritura de venda do dominio útil do Valado, se outorga outra de contrato de arrendamento sobre 54 áreas situadas no Valado. Nesta escritura, José Álvarez Bolaño, de 31 anos, casado, labrador, recoñece que xa posúe a metade do Valado como arrendatario, que consta de cortiña e algún pasto e que esta parcela ten unha extensión de 54 áreas, isto é, 5.400 m2. Por certo, neste caso a extensión que se cita neste documento de 1889 pouco difire dos 5.673 m2 que lle asigna actualmente o Catastro. A duración deste arrendo fíxase en vinte e cinco anos e o prezo que debe satisfacer o arrendatario, José Álvarez Bolaño, consiste en cinco ferrados de centeo pola medida de A Pena, limpio, seco y bien acondicionado por los meses de agosto o setiembre de cada anualidad y si pasase uno sin efectuar el pago que quede sin ningún valor ni efecto este arriendo y la tierra a disposición del señor Pedrosa, y que durante este arriendo ni después de él no podrán gravar la finca enagenandola ni permutarla… Chama a atención que na constitución deste arrendamento o prezo siga sendo en especie como se se tratase dun foro antigo como tantos outros que seguían vivos nestes momentos. ¿Que foi dos dereitos de Vicente Díaz Vieito a quen o pai de José Álvarez Bolaño lle comprara dez anos antes o dominio útil do Valado polo prezo de 640 reais, ou sexa, 160 pesetas? ¿Trátase da mesma extensión a afectada en 1879 polo foro que a que en 1889 se transforma en arrendamento malia as diferenzas que se recollen entre ambas escrituras? ¿Tiña algo que ver o feito de que este contrato de arrendamento se realizase antes que que o Código civil entrase en vigor o 16 de agosto dese mesmo ano 1889?

Documento privado de compravenda da renda de certas terras de Penarrubia por parte de Casimiro Álvarez e Enrique Fernández a Aniceto Díez Cortón

En la ciudad de Lugo a quince de Enero de mil novecientos veinticuatro. Ante los testigos que al final se expresarán, se reunieron en un solo acto D. Aniceto Díez Cortón, mayor de cincuenta años de edad, casado con D. Carmen Lage Sánchez, propietario, vecino de esta capital, calle de San Roque numero cuarenta y ocho; D. Casimiro Alvarez González, de cuarenta años, también casado con Dª Josefa Fernández y Fernández, labrador, y D. Enrique Fernández y Fernández, de veintiséis años, soltero, labrador, los dos vecinos de Santa María de Penarrubia, termino municipal de Neira de Jusá, en el partido de Becerreá.

Poseen sus células personales, expedidas para el ejercicio actual; y teniendo, como tienen, capacidad legal para contratar, exponen:

PRIMERO: El D. Aniceto Díez Cortón, que por herencia de su difunto tío D. Ramón Díez de Freijo, es dueño de la renta anual, libre de todo gravamen, incluso contribución, consistente en cuarenta pesetas en dinero, de que actualmente son pagadores de treinta pesetas D. José Alvarez Bolaño, padre y convecino de D. Casimiro Álvarez González, y de las diez pesetas restantes D. Ramón Fernández Mallo, también padre del D. Enrique Fernández y Fernández, en representación de sus causantes, en virtud del foro hecho por D. Juan Antonio López de Neira a favor de Doña María López Moreno y Bolaño, en donde consta marcada la renta de cinco pesetas o veinte reales, otorgado en el antiguo concejo de Burón, partido de Fonsagrada, el cinco de marzo de mil ochocientos noventa, ante el escribano D. Domingo Álvarez Linares; y de otro foro efectuado en Santa María de Penarrubia, ayuntamiento de Neira de Jusá, a testimonio de Don Domingo María Gómez, por el D. Ramón Díez de Freijo a favor de D. Vicente López Moreno y su muger Dª Manuela García, en cuyo contrato se marcan las fincas afectas, sitas en Penarrubia, en donde lo están también las del anterior título, por la renta de las treinta y cinco pesetas restantes, que tuvo efecto su otorgamiento en diecinueve de Noviembre de mil ochocientos cuarenta y ocho.

SEGUNDO: El que refiere, llevando a efecto lo convenido con los comparecientes D. Casimiro Alvarez González y D. Enrique Fernández y Fernández, vende a estos la renta de las cuarenta pesetas de que informa el número anterior y de que son pagadores los respectivos padres de los mismos y al adquieren en la proporción de que estos son pagadores, o sea, a razón de treinta pesetas el primero y de diez pesetas el segundo, por precio en junto de mil pesetas, que recibe en al acto y en corrientes billetes del Banco de España de los compradores quienes se lo entregan en la siguiente proporción: el D. Casimiro Álvarez, setecientas cincuenta pesetas, y el D. Enrique Fernández las doscientas cincuenta pesetas restantes, por cuyo total les consigna eficaz carta de pago.

TERCERO: Este contrato será elevado a público si lo exigiesen los interesados en el mismo.

CUARTO: Los adquirientes, después de enterados de su contenido, también dicen que lo aceptan. 

Así lo dijeron y firman con los testigos de referencia, que lo son D. José López Leal y D. José Quiñoá Bustos, vecinos de esta ciudad.

Aniceto Díez – Casimiro Álvarez – Enrique Fernández y Fernández – José López Leal – José Quiñoá Bustos.

Do vendedor das rendas deste foro, Aniceto Díez Cortón, sabemos por La Correspondencia de España do día 19 de xaneiro de 1924 que formaba parte como deputado da Deputación de Lugo polo distrito de Fonsagrada-Becerreá canda José Pedrosa Ulloa, avogado e propietario, Manuel Pardo de Vera, notario, e Victoriano Sánchez Latas, rexistrador da propiedade xubilado. Estas tres persoas están moi relacionadas con Penarrubia. Pedrosa Ulloa fora quen lle vendeu a Sánchez Latas as propiedades que o fidalgo da casa da Pena tiña na parroquia. Aniceto Díez Cortón, sobriño e herdeiro de Ramón Díez de Freijo, sabemos que ostentaba aquí tamén o dominio directo de varios bens, entre eles a casa da Castellana. A súa muller, Carmen Lage Sánchez, puidera ser quen con este mesmo nome e apelidos figura como asistente afiliada do Partido Republicano Radical Socialista e asistente en Madrid a unha convención de mulleres deste partido no mes de setembro do ano 1930 segundo recolle o xornal Heraldo de Madrid do día 26. Os apelidos Díez Cortón están vinculados a unha familia de Fonsagrada. Na Gaceta de Madrid do 9 de novembro de 1924, en plena ditadura de Primo de Rivera, publícase que Ramiro Díez Cortón foi suspendido durante tres meses como xuíz da Fonsagrada pola Xunta depuradora da Xustiza municipal da Audiencia da Coruña. Durante o franquismo a este Ramiro foille aberto expediente por responsabilidades segundo consta no BOE de 9 de decembro de 1941. Del dise neste momento que ten 61 anos, que está casado, que é avogado, que é fillo de José Ramón e Pilar, que é natural de Baleira e veciño da Fonsagrada. Redimen as rendas Casimiro Álvarez, do Costureiro, e Enrique Fernández, de Preto, en nome dos seus respectivos pais, os foratarios orixinais. Son dous os foros os redimidos: un de 1890 e o outro de 1848. Deste segundo, referido ao foro perpetuo da casa de A Castellana e outros predios, temos constancia documentalmente segundo se expuxo anteriormente. Do foro outorgado en 1890 non conservamos ningún texto que o documente. O prezo que pagan os compradores ascende a 1000 pesetas, das que 750 paga a casa do Costureiro e 250, a casa de Preto. 

Foro da Finca de Mofín

Data: 27 de outubro de 1901. Notario público de San Pedro de Ferreiros: Emilio López de Neira y Vidal. Protocolo: 246/1901. Outorgantes: Ramón Correa Montenegro, casado, labrador, maior de 30 anos, veciño de A Pena, aforante, dominio directo da finca. José Fernández Val, casado, labrador, maior de 30 anos, veciño de Penarrubia. Finca a monte chamada do Mofín sita no Agro de Portela. Mensura aproximada: 12 áreas. Taxada en 125 pesetas.

Lindes. Norte: Aforante, Ramón Correa Montenegro. Sur: Labradío do foratario José Fernández Val. Leste: Labradío do aforante, Ramón Correa Montenegro. Oeste: Camiño que conduce de Penarrubia ao agro de Portela.

Condicións: 

  1. José Fernández Val pagará cada ano, comezando no 1902, nos meses de agosto ou setembro a Ramón Correa Montenegro a pensión foral de dous ferrados de centeo pola medida de Neira de Rei, equivalente aproximadamente a 34 litros, que serán entregados no lugar de Penarrubia.
  2. O tipo para a redención será o valor en que se taxou a finca, isto é, 125 ptas.
  3. Non poderá redimirse até o termo de 60 anos.
  4. O foratario non poderá plantar árbores de ningunha especie polos lados da finca aforada que confina coa do aforante.

Testemuñas: José López Sobrado, propietario, veciño do lugar de San Esteban, e José López Castedo, labrador, de Constantín.

Ramón Correa Montenegro é da casa de Montenegro, A Pena. Debeu de morrer arredor do ano 1908. Era fillo de Manuel Correa Núñez e de María Josefa Montenegro Santiso e irmán de Faustino e Ramona. Casou en primeiras nupcias con Consuelo Álvarez Otero e deste matrimonio foron fillos Enrique, mestre en Rianxo; Consuelo, casada na Barreira, concello de Castroverde, con Camilo Fernández Pestana, emigrante no ano 1915 na Arxentina; e Regina Correa Álvarez, que casou con Casimiro Álvarez, do Costureiro. En segundas nupcias, Ramón Correa Montenegro casou con Cándida Cordero Lamela, e ambos tiveron como fillos a Filomena, José, Manuela, Carmen e Gerardo Correa Cordero. Destes cinco fillos, coñecín a José de Montenegro, casado con Francisca, e pai de Germán, Luz, Rosa e Esther.

Polos estremeiros que se citan, o predio obxecto deste foro supoñemos que se trata dunha parte da actual cortiña de Mofín dedicada a monte.

A casa de Montenegro a principios do século XX era acredora de varias rendas no lugar de Penarrubia: 

Vicente Vázquez, da casa da Casela. Debía pagar anualmente tres fanegas de centeo. No ano 1915 dise nun documento que esta renda ten acumulados cinco anos de débeda, que sumados á do ano en curso se taxa en 360 pesetas.

Indalecio González, da casa de Miguelín, contribuía anualmente con un ferrado de centeo, taxado en 40 pesetas.

Os herdeiros de Juan Fernández, cremos que se trata da casa de Juan Fernández Riveiro, da casa deste segundo apelido, pagan cinco ferrados de centeo, taxados en 200 pesetas.

Os sucesores de Manuel Moreno ou Manuel Prieto, di o documento, contribúen con rendas anualmente de dous ferrados de centeo, valorados en 80 pesetas.

José Fernández Val, da casa de Mofín, paga anualmente á casa de Montenegro en virtude de foro dous ferrados de centeo taxados en 80 pesetas. Entendemos que se trata deste foro ao que se refire o que estamos analizando, datado o 27 de outubro de 1901.

Na parroquia de Furís, a casa de Montenegro tamén era acredora de rendas de foro con respecto aos seguintes foratarios: Manuel Arias Portela, Pedro do Pacio, Manuel e Pedro García. Este último foro, que pagaba Pedro García, foi transferido por herdanza desde a casa de Montenegro a Casimiro Álvarez, do Costureiro, quen en primeiras nupcias casara con Regina Correa, procedente daquela familia. Así o constatamos nunha anotación do ano 1926 existente nunha libreta que se conserva na casa do Costureiro

Anotación de Casimiro Álvarez sobre as rendas que lle paga un foratario de Furís

Permuta do foro da Campa de Mofín por dereito de paso polo curral e Caleiro

Os foros formaban parte do tráfico económico como calquera outro ben. Podían ser comprados, vendidos, arrendados, hipotecados e tamén, como neste caso, permutados.

Data: 3 de marzo de 1929. Lugar: Becerreá.

Documento privado con póliza franquista de 8ª clase de 1,50 ptas. e Liquidación de imposto de Dereitos reais con data de 23 de outubro de 1945. Póliza de 1,50 ptas. da mutualidade do Corpo de avogados do Estado.

Comparecen: Casimiro Álvarez González, casado con Josefa Fernández Fernández. Por herdanza da súa primeira esposa Regina Correa Álvarez e das súas fillas Consuelo e Manuela é dono de cobrar a José Fernández Val a pensión anual de media fanega de centeo por foro de parte da finca Campa de Mofín, destinada a monte.

José Fernández Val, casado con María Álvarez Bolaño. É dono do curral da casa en que vive, que mide unha área. Polo sur linda co terreo de Manuel Prieto, parede por medio; polo leste, camiño do Caleiro e oeste co camiño público.

Permutan o dereito do cobramento da pensión polo de servirse con carro, gando de todas clases solto ou xunguido, persoas soas ou conducindo o gando para a finca Tras da Cortiña polo curral referido até chegar ao camiño Caleiro.

Valoración da permuta: 200 ptas.

Polo camiño tamén ten dereito de paso Constantino López.

Asinan como testemuñas:           Jesús Fernández Llamas, veciño de Becerreá. Ramón López Saavedra, de Papín.

Á valoración da permuta, había que engadir os impostos e os honorarios de notarios e rexistradores segundo a liquidación practicada en Becerreá a 23 de outubro de 1945:

Casimiro Álvarez González

Permuta 10,00
Multa e recargo 03,50
Xuros demora 02,50
Tesouro 00,05
Honorarios                        05,50
TOTAL21,55 ptas.

José Fernández Val

Permuta 10,00
Multa e recargo 03,50
Xuros demora 02,50
Tesouro 00,05
Honorarios                        05,25
TOTAL21,30 ptas.

Faltan por sumar os importes das dúas pólizas de 1,50 ptas. cada unha. Na nota á marxe hai unha cifra de 46,35, que se supón a cantidade total que se pagou por todos os conceptos e algún máis.

Desamortización

A desamortización consistiu na saída ao mercado, previa nacionalización e mediante poxas públicas, das terras e dos bens que até entón non se podían vender e que se atopaban en poder das chamadas mans mortas, isto é, da Igrexa e das ordes relixiosas, que as foran adquirindo desde a Idade Media a través de doazóns e doutros medios.

No século XIX, a grandes trazos, a desamortización realizouse en dúas etapas. A primeira foi impulsada polo ministro de Facenda Mendizábal en 1836 e prolongouse até 1854; a segunda etapa desenvolveuse por iniciativa do ministro Madoz a partir desta última data. 

A desamortización de Mendizábal

Dúas eran as formas en que se podía acceder á propiedade das terras afectadas pola desamortización: a adquisición mediante a concorrencia ás poxas públicas e a redención da renda que pagaban os foratarios e os censatarios. Existían, pois, dous tipos distintos de acceso á propiedade destes predios: a través da compra e da redención, encontrándose os redimentes en clara desvantaxe fronte aos compradores en virtude da lexislación desamortizadora. As normas relacionadas coa posibilidade da redención foron imprecisas pois non se declarou abertamente este dereito de forma xeneralizada e expresa desde o inicio. Tampouco se fixou desde o principio para estes casos o tipo de capitalización limitándose a recoller que quedaba fixada “con arranxo ás leis vixentes”. A este feito hai que engadir que o breve prazo de seis meses que se concedeu resultou totalmente insuficiente. E mentres aos compradores lles concedeu satisfacer o pagamento nun prazo de 8 ou 16 anos, aos redimentes tan só lles permitiron saldar a débeda en catro anualidades. Finalmente, cando se fixaron os elevadísimos tipos de capitalización para redención dos censos, en 1837 estabelecidos no valor da renda multiplicada por 33 anualidades e en 1838 no 1,5 por cento (isto é, a renda multiplicada por 66 anualidades) aplicando este tipo retroactivamente para as solicitudes xa cursadas, as esperanzas dos labregos ficaron definitivamente frustradas. Desta forma, a redención resultou máis nunha mera declaración testemuñal que o recoñecemento dun dereito para os posuidores do dominio útil deses predios. Mais, o dominio directo que estaba nas mans mortas do clero si foi desamortizado e pasou ás da burguesía comercial urbana en substitución das comunidades eclesiásticas. 

Texto de Manuel Colmeiro

En 1.843, Manuel Colmeiro expresaba con estas palabras o que dicimos: “Dígase sino si los labradores compraron muchos bienes nacionales, o si al contrario no se convirtió la desamortización en provecho esclusivo de un cortísimo número de agiotistas, sin conducir al deseado equilibrio de la propiedad territorial, no habiéndose hecho con tierras otra cosa que tomarlas con la derecha para darlas con la izquierda sin ventaja conocida del crédito nacional”. Isto explica que sobrevivisen os foros. Malia todo, a desamortización permitiu que algúns pequenos labregos galegos se convertesen desde aquela en plenos propietarios das terras que viñan traballando, e isto é importante: que o tradicional sistema foral se vise erosionado.

A desamortización de Madoz

Afectou nomeadamente os bens do clero secular e os municipais. Tamén contemplaba as dúas posibilidades anteriores: a venda e a redención estabelecendo tamén condicións e prazos distintos.

O artigo 1 da Lei de Madoz declara en estado de venda os predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes ao Estado, ao clero, ás ordes militares de Santiago, de Calatrava, Alcántara, Montesa e San Xoán de Xerusalén; ás confrarías, obras públicas e santuarios; ao Secuestro do ex-infante don Carlos; aos propios e comúns dos concellos; á beneficencia e á instrución pública; e, para subliñar máis a xeneralidade, engadíase a seguinte cláusula final: e a calquera outros pertencentes a mans mortas, xa fosen ou non mandados vender por leis anteriores.

Lei de Madoz

Afectou os bens non desamortizados anteriormente que aínda non foran vendidos, os bens pertencentes aos municipios e a institucións de beneficencia e instrución pública, ficando excluídos os montes en man común por pertenceren ás comunidades parroquiais. 

Coa lei Madoz, os tipos de capitalización rebáixanse ao estaren fixados desde o 10 por cento para as rendas máis pequenas até o 8 por cento e o prazo para pagar as rendas redimidas incrementouse notabelmente ao estabelecerse en nove e dez anos. Dado que estas rendas eran reducidas porque as dos mosteiros xa foran adquiridas anteriormente polos grandes compradores urbanos, coa desamortización de Madoz son bastantes labregos os que as compran. 

Na provincia de Lugo foron postos en venda 638 bens inmóbeis, dos cales 613 eran predios rústicos, cun valor de remate de 793.806 reais, e 25 urbanos, rematados en 99.254 reais.

Como a Xurisdición de Neira de Rei non dependía de ningún señorío do clero regular, a desamortización reduciuse ás terras do igrexario rexentadas por cada un dos párrocos. Pois ben, no Suplemento do Boletín Oficial de Lugo, o luns 7 de abril de 1856, publícase a Providencia do Gobernador da provincia pola que se fai pública a poxa dos seguintes bens do igrexario da freguesía de Penarrubia, distribuído en dous lotes:

Boletín Oficial de Lugo. 7 de abril de 1856. Desamortización igraxario de Penarrubia
  • Primeiro lote. Valorado en 225 reais de renda e fixada a súa venda en 4.050. 
    1. A cortiña do Valado, de 15 ferrados e un cuartillo de superficie, que equivalen a 9.455 m2. No Catastro actual, figura cunha superficie de 12.464 m2.
    2. O prado da Cancela. Cerrado, de 7 ferrados e 12 cuartillos, que son 4.270 m2. No Catastro actual, figura cunha superficie de 5.297 m2.
    3. O terreo a barbeito chamado Puxedo, situado na Agra de Valiñas, de 4 ferrados e 14 cuartillos, que corresponden a 2.794 m2
  • Segundo lote. Valorado en 540 reais de renda e fixada a súa venda en 9.720.
    1. Colmeal, de 3 ferrados e 10 cuartillos = 2.086 m2, dedicado a labradío, e o Prado, que nós chamamos Grande, de 21 ferrados e 17 cuartillos, que se corresponden con 10.324 m2, isto é, 1,03 ha. Tamén hoxe no Catastro o Colmeal e o Prado Grande forman unha única parcela de 18.886 m2.

Non se inclúe na poxa a Horta, situada a carón da reitoral, de 1.467 m2, por estaren estes predios excluídos da expropiación na lei. Tampouco se citan os pequenos lameiros Codesal e Pradín, que actualmente tamén administra o igrexario, porque cremos que ambos predios formaban unidade coa Horta e o Prado Grande respectivamente. En conxunto, segundo os peritos que realizaron a taxación, as terras do igrexario postas en poxa suman 2,89 hectáreas e foron valoradas en 13.770 reais.

Táboa desamortización terras do igrexario

Jose Nadela Tellado, párroco de Penarrubia nese momento, foi quen comprou estas propiedades do igrexario en nome propio, que logo deixou en testamento a disposición dos sucesivos párrocos da freguesía durante trescentos anos coa obriga de que neste longo período de tempo se oficien dos funciones, con la asistencia de seis señores curas cada una de las dos, una en el día, o sea la octava de Corpus y otra en la de difuntos, por el ánima y obligaciones del que dice. Isto é, durante trescentos anos, os párrocos da freguesía gozan do usufruto destas terras e, pasado ese tempo, ¿a quen reverterán? Non queremos dar resposta a este interrogante porque o termo fixado polo causante no testamento cumprirase o día 26 de xaneiro de 2.184 e non podemos aventurar que normas de dereito sucesorio rexerán nesa data. Coa lexislación actual, deberían integrarse no patrimonio público do Estado xa que as disposicións do noso Dereito civil, en vigor desde 2006, non son de aplicación retroactiva. O que si podemos dicir é que, en virtude desas disposicións testamentarias, eses predios non poden ser inmatriculados nin vendidos pola Igrexa. Mais, sabemos que o bispado de Lugo, facendo uso fraudulento do privilexio que lle concedeu a lexislación hipotecaria franquista de 1946, inmatriculou estes bens a nome da diocese. Tamén cremos que existen sobradas razóns xurídicas para que os xulgados anulen estas inscricións no Rexistro da propiedade.

A través deste caso de desamortización executado na freguesía de Penarrubia, chegamos a conclusións que coinciden coas constatadas polos historiadores para a xeneralidade do acontecido na Galiza. O obxectivo da desamortización non foi concibido para que os labregos que traballaban as terras accedesen á súa propiedade plena senón para que a Facenda do Estado obtivese os ingresos necesarios para evitar a bancarrota a que a abocaran as guerras carlistas e a ineficiencia e a corrupción dos poderes públicos. E isto constatámolo, por exemplo, no feito de que os cinco predios do igrexario fosen agrupados en dous lotes para a súa poxa e non se ofrecesen de un en un para que os arrendatarios ou os foratarios tivesen opción á súa compra. ¿Que veciño da freguesía podía contar cos 4.050 reais que tiña de prezo de partida o primeiro dos lotes ou cos 9.720 en que se fixou o do segundo? Estamos no ano 1855, aínda non se implantara a peseta como moeda. Para comprobar o elevado prezo que se fixa para estas poxas, podemos contrastalo co feito de que en 1848, como xa expuxemos noutro momento, se constituíra o foro perpetuo da casa da Castellana, actual do Costureiro, coa súa aira, Horto, Cortiña, o Prado do Muíño, un souto no Patal e o Rego da Devesa, todo isto por un conrogo de 3.000 reais e unha renda anual de 140 reais. Evidentemente, estes foratarios perpetuos podían pagar o conrogo e mais a renda anual, pero talvez non poderían participar na poxa do menor dos lotes, integrado polo Valado, A Cancela e Puxedo desembolsando os 4.050 reais.

Os Santiso Ulloa

A maior parte das terras de Penarrubia, incluído o monte dos veciños, pertenceu á familia Santiso Ulloa, propietaria do seu dominio directo desde principios do século XVII. Evidentemente, esta familia non ostentou a propiedade con anterioridade porque estes predios durante a Idade Media tiveron que ser de xurisdición eclesiástica, posibelmente dependentes do mosteiro cisterciense de Penamaior, que a finais do século XIII xa posuía numerosas propiedades na contorna. 

No século XVI, xa durante o reinado de Carlos I e nomeadamente despois, durante o de Filipe II, moitas das terras do clero regular foron desvinculadas e vendidas a particulares para financiar as custosas políticas imperiais. Outro medio de recadación para a Facenda real consistiu na venda de terras baldías, alcabalas e outras rendas, e tamén na concesión de fidalguías e cargos administrativos.

A liñaxe dos Santiso Ulloa, segundo Xulio Pardo de Neyra en Historia do Concello de Baralla. Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, procede da Casa-Pazo da Pena de Boisán, en Santa Eulalia de Quintá, Becerreá, e descende dun tal Lope Sánchez Bermúdez de Santiso Moscoso, señor da casa e pazo de Roxiña, en San Tirso (San Tiso e de aquí o apelido Santiso) d’Abres, en Asturias. 

A familia fidalga que posuía a maior extensión das terras en Penarrubia residía no pazo coñecido como casa principal de A Pena, hoxe casa do Carteiro. 

Casa Principal de A Pena, residencia da familia fidalga Santiso Ulloa

Os seus apelidos son Santiso, Ulloa e Pedrosa segundo os diferentes emparentamentos realizados co paso do tempo. 

No século XVI temos constancia de Juan Santiso Ulloa O Vello, que realiza testamento en 1580. Del sabemos que tivo tres fillos: Pedro, a quen lle lega o lugar de Nantín; Lope, que recibe A Barrosa; e Juan, señor de A Pena e Penarrubia. Este Juan é pai de Pedro Santiso Ulloa, vinculeiro do lugar de A Pena.  Deste herda o seu fillo Juan Santiso Ulloa.

A primeira referencia a esta familia que encontramos nos documentos de Penarrubia existentes remóntase ao ano 1748. Nela indícase que o prado de Seis Fontes fora adquirido ese ano por Pedro Santiso Ulloa e o seu fillo Manuel Santiso Ulloa. Con motivo da compra deste prado, pai e fillo emprenden un longo procedemento xudicial, que se resolve en 1796, contra Ana Santiso Montenegro e consortes, veciños de Quintela, sobre o aproveitamento da auga que baixaba do Barrancal e doutras fontes que se incorporaban a ese rego (Real Chancelería de Valladolid, Preitos civís, Pérez Alonso (F), 0697. Ib, id. Alonso Rodríguez (F), caixa 2554, 1.).

Cen anos despois, en 1845, nun procedemento xudicial relacionado co monte comunal recóllese como obriga dos veciños “pagar el quinto al Señor del directo dominio, Don Antonio Joaquin Ulloa”. Antonio Joaquín Ulloa de Las Riberas era fillo de Ramón Ulloa Ponce de León e Suárez de Deza, Señor de Cabañas (Cabañas Raras é un concello da comarca do Bierzo) e da casa de Penarrubia, e de María del Carmen de las Riveras e Novoa. Casou con Casilda Sotelo de Noboa e Arce, que foron os pais de Asunción Ulloa Sotelo. Esta casou con Ramón Pedrosa Porras e ambos son pais de Antonio, Carlos, Purificación, Jacobo, Alejandro, Sara e José Pedrosa Ulloa. Este último, a principios do século XX, é quen figura como vendedor das propiedades que esta casa tiña en Penarrubia a Victoriano Sánchez Latas. Existen referencias tamén a José Pedrosa Ulloa, noutra escritura do ano 1887 na que se fixa o rateo dun foro que lle pagan as casas de Carrocheiro, do Taberneiro de Val, do Ferreiro e do Costureiro. Sabemos deste José Pedrosa Ulloa que casou con Carmen Pardo Pallín e que non tivo descendencia.

Mais, a estas alturas, a liñaxe fidalga xa emparentara coa nobreza desde o matrimonio de Antonio Joaquín Ulloa con Casilda Sotelo de Novoa, segunda marquesa de Villaverde de Limia, sucesora nas casas de Guizamonde e Bobadela (filla de Benito María Sotelo de Novoa Enríquez Niño, primeiro marqués de Villaverde de Limia, e de María Petra de Herce y Aguilera) irmá de Guadalupe Sotelo de Novoa, esposa do marqués da Corona, José María Paz. Antonio Joaquín era irmán de Jacobo Ulloa, nacido na casa de A Pena en 1800, senador por Lugo en diversas ocacións e tío de Augusto Ulloa, deputado por Fonsagrada e Mondoñedo, ministro de Marina, Fomento, presidente da Comisión Electa para o acompañamento do rei Amadeo I, ministro de Gracia e Xustiza, do que se conservaba un victor na antiga Facultade de Dereito no edificio histórico da Universidade de Santiago.

O patrimonio da familia era enorme. Tiña posesións por toda Galiza. En Lugo, alén da casa Principal de A Pena, tiña terras e pazos en Bóveda, Friol, Fonsagrada, Chantada e Cervantes. Na Coruña, en Cee e en Melide. En Ourense, en Leiro, Guizamonde, Petín, Lodeiros, Outariz, Bobadela… Na Coruña, en Berdoias, Atalaia, Vilaseco… Antonio Pedrosa Ulloa, como herdeiro do marquesado de Villaverde de Limia, recibiu a mellor parte da herdanza. Alejandro Pedrosa Ulloa quedouse coa Casa Principal da Pena e co pazo de Guizamonde en Ourense. Seu irmán Jacobo herda o Pazo de Remesil en Friol. José, os pazos do Retiro e Canel na Fonsagrada e o da Pena de Boisán en Cervantes. Pirificación, os pazo da Vila de Cee e o de Bobadela.

Por outra banda, membros desta familia emparentaron nalgún caso con aristócratas e noutros coa fidalguía conseguindo títulos e incremento de posesións en ambas liñas. Así aconteceu, por exemplo, coa familia Díez de Freixo, procedente do lugar do Freixo, nas terras de Burón, e con posesións en Valín da Esperela no contiguo concello de Baleira.

Os Díez de Freixo

Na freguesía de San Pedro da Esperela, concello de Baleira, residía a familia fidalga Díez de Freixo, posteriormente Díez Cortón. Desde a Casa Grande do Valín, os seus membros recadaban as rendas que obtiñan dos numerosos bens inmóbeis que posuían na contorna. Sobre a actual casa do Costureiro, antes denominada da Castellana, e varias terras máis, os Díez de Freixo posuían o dominio directo.

Esta familia fidalga procedía da freguesía de San Xulián de Freixo nas terras de Burón. Alí dispuña da Casa da Barreira. Nela nacera arredor de 1635 Xulián Díaz de Freixo e el foi quen edificou a Casa Grande de Valín na Esperela cando casou neste lugar. A finais do século XVIII ou principios do XIX, Andrés José Díez de Freixo casou con Vicenta Ulloa de las Riberas, procedente da Casa principal de A Pena e irmá de quen será marqués consorte de Villaverde de Lima, Antonio Joaquín Ulloa, de María Joaquina, Josefa e Jacobo Ulloa, quen foi senador en varias lexislaturas no século XIX.

Descendente do matrimonio Andrés José Díez de Freixo – Vicenta Ulloa de las Riberas é José Ramón Díez Ulloa (1826-1895), que casa con María Pilar Cortón Camba e teñen como descendentes a Alfredo, Pilar, Aniceto e Ramiro Díez Cortón.

Ramón Díez de Freixo, que aparece como aforante en varios documentos de Penarrubia, era irmán segundón de Andrés José. Isto mostra que os Diez de Freixo posuían o dominio directo de terras en Penarrubia con anterioridade ao casamento do morgado José con Vicenta Ulloa de las Riberas, da Casa Principal de A Pena. Ramón (1826-1895) casou con María Pilar Cortón Camba e fillos seus foron Alfredo, Pilar, Ramiro e Aniceto Díez Cortón. Este último, en 1924 vivía na rúa de San Roque número 48 de Lugo cando Casimiro[1] Alvarez González, de cuarenta años, también casado con Dª Josefa Fernández y Fernández, labrador, y D. Enrique[2] Fernández y Fernández, de veintiséis años, soltero, labrador, los dos vecinos de Santa María de Penarrubia, redimen dous foros: un do ano 1890 e o outro de 1848. Deste segundo, referido ao foro perpetuo da casa de A Castellana e outros predios, temos constancia documentalmente como xa sabemos. Do foro outorgado en 1890 non conservamos ningún texto que o documente. O prezo que pagan os compradores ascende a 1000 pesetas, das que 750 págaas a casa do Costureiro e as 250 restantes, a casa de Preto.

Pilar Cortón Camba foi nai de Pilar Díez Cortón e avoa de María Ignacia Ramos Cortón, esta profesora, escritora e esposa do tamén escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero, autor das novelas A gente da Barreira, que se inspira na liñaxe dos Díez de Freixo, e Os señores da Pena, na Casa Principal de A Pena dos Ulloa da freguesía de Penarrubia.

Por denuncias que foron publicadas no xornal El Ciudadano por la Constitución[3], durante a loita contra o exército francés e a vixencia da Constitución de Cádiz, temos constancia da defensa realizada por Pedro Manuel Díez de Freixo do absolutismo e da súa negativa a acatar a nova legalidade constitucional. Posteriormente, como afirma Xulio Pardo de Neyra (por quen nos informamos en A sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Páx. 107 e ss. Edicións Embora. 2019) “a actuación política dos Díeces de Freixo circulou polo camiño do reaccionarismo carlista, destacando Gustavo Díez Ulloa como líder tradicionalista dos concellos de A Fonsagrada e Baleira”.

Aniceto Díez Cortón foi candidato en varias ocasións ás eleccións xerais a deputados a Cortes. Así, en 1901 concorre polo distrito de Fonsagrada co “cunero” gañador Francisco Dorado López de Zárate, Marqués de Villanueva de la Sagra e Conde de Campomanes. Foi tamén deputado provincial en varios períodos e alcalde do concello de Baleira. En 1944, a familia traslada o seu domicilio á cidade de Lugo e o destacamento da Garda civil do Cádavo queda instalado na Casa que os seus herdeiros posúen na Esperela. En cambio, o seu irmán Ramiro foi suspendido na ditadura de Primo de Rivera durante tres meses como xuíz municipal da Fonsagrada pola Junta Depuradora de Justicia Municipal, sufriu persecución durante o réxime franquista e aplicóuselle a Lei de responsabilidade política de 9 de febreiro de 1939[4] segundo se publica no BOE de 9/12/1941. En novembro de 1949 a Comisión Liquidadora de Responsabilidades políticas ditou auto no que se acorda o sobresemento provisorio do seu expediente.

A familia Sanmartiño

Casa do Barreiro da familia Sanmartiño na freguesía de San Pedro de San Martiño de Neira de Rei

Outra familia que dispuña de numerosas terras en plena propiedade e en dominio directo tanto en Neira de Rei como no resto do concello de Neira de Xusá e nos de Becerreá e Triacastela era a Sanmartiño, que residía na Casa do Barreiro na veciña freguesía de San Pedro de San Martiño de Neira de Rei. No Boletín Oficial da Provincia de Lugo de 16 de maio de 1934 figura o recoñecemento de Asunción Sanmartiño Neira como integrante da Comisión de avaliación da parte real para formar o repartimento xeral de utilidades[1] en concepto de maior contribuínte por rústica.

Desde a primeira metade do século XIX, o apelido Sanmartiño está relacionado coas casas de Virigo e Tormaleo ás que se vincularon diversas estirpes fidalgas situadas nas terras do oriente da provincia luguesa e no occidente asturiano.

Faustino Sanmartiño-Pambley Pereira, pai de Asunción Sanmartiñoo, faleceu en 1898

Asentado na Casa do Barreiro, Faustino Sanmartiño-Pambley Pereira (1825-1898), cuñado de Vicenta Tormaleo Pardo, señora da Casa de Virigo, en Navia de Suarna, casou con Concepción Neira López. Asunción Sanmartiño Neira (1867-1939) foi filla única do matrimonio e casou en primeiras nupcias co avogado Evaristo Cela Losada, quen, canda o médico da Pena de Neira de Rei Antonio Correa Fernández, funda en Becerreá o efémero xornal que leva a pomposa cabeceira El Monitor: Defensor de los intereses generales y locales de la región oriental de la provincia de Lugo y sus limítrofes (1899-1900).

Asunción Sanmartiño Neira faleceu o 16 de setembro de 1939

Fillos de Asunción e Evaristo foron María, Faustino e Pilar Cela Sanmartiño. Faustino, avogado e dirixente de Izquierda Republicana en Neira de Xusá, foi encausado polo réxime franquista canda o alcalde de Becerreá, Rudesindo Fernández Vilor (tamén de Izquierda Republicana), quen  será asasinado  pola  Garda  Civil xunto con outros dirixentes de formacións republicanas da zona. Faustino Cela Sanmartiño, despois de manterse fuxido durante anos, segundo uns, no mosteiro de Samos e, segundo outros, nalgunha dependencia da casa do Barreiro ou das proximidades, foi rehabilitado e recuperou a súa actividade laboral como avogado. O seu fillo, Manuel Cela Iglesias, tamén avogado con residencia na cidade de Lugo, casou con Margarita Carvalho-Calero Ramos, filla do escritor Ricardo Carvalho Calero. 

Asunción Sanmartiño Neira casou en segundas nupcias e deste matrimonio foron fillos Aurora, Eduardo, Luis e José Isaac Fernández Sanmartiño.

Alén dos ingresos procedentes das rendas que percibían dos labregos que levaban as terras desta familia en réxime de aforamento e de arrendamento, os varóns buscaron medios para incrementar o patrimonio nas diferentes administracións públicas. Evaristo Cela Losada foi Perito de Facenda no partido xudicial de Becerreá, concelleiro nas eleccións de 1897, xuíz e fiscal municipal en Becerreá e Triacastela, xuíz de Primeira Instancia e Instrución accidental de Becerreá en distintas ocasións, candidato a compromisario para a elección de senadores, compaxinando en ocasións estas actividades coa profesión de avogado. En 1901, ano da súa morte, era secretario municipal de Becerreá. Outros varóns da familia foron funcionarios municipais, recadadores de tributos e algúns dedicáronse á avogacía e á procuradoría. Aurora e Isaac viviron na casa do Barreiro. Os demais, en Lugo e en Madrid. Como propietarios plenos dunhas terras e do dominio directo noutras, varios veciños da contorna pagábanlles rendas que se sumaban aos ingresos procedentes das súas actividades profesionais.

Actualmente, a Casa do Barreiro encóntrase en estado de abandono

No documento máis antigo que se conserva na casa do Costureiro de Penarrubia, datado a 29 de agosto de 1789, figura un selo co nome de Faustino Pambley. Consiste nunha escritura de venda dun censo redimíbel de trinta e tres reais que Benita Fernández, viúva de don Ángel López, vende a favor de don Felipe González Rosón, da Barrosa, con hipoteca de todos os seus bens e en especial da Veiga de Nilarelle, que nós identificamos coa Chousa do Barrancal.

Desta mesma familia era Aurelia Sanmartiño Pérez[2], viúva do licenciado Joaquín Pardo Valcarce[3], veciña da cidade de Lugo, quen en 1892 vende a José Álvarez Bolaño, de 35 anos, da casa do Costureiro de Penarrubia, por importe total de 1800 reais, un lote de tres terras: O Leiro largo, na agra do Barrancal, o monte abertal de carballos e monte baixo no termo do Muíño Tesín en pro indiviso cos veciños da Barrosa, que na súa totalidade ten 4 ha, e os montes abertais da Barrosa, de 26 ha. 20 a. 26 ca. e 37 dm2 en pro indiviso cos tres veciños de A Barrosa. En 1902, Asunción Sanmartiño Neira véndelle por 562 pesetas e media a José Álvarez Bolaño, da casa do Costureiro, a Chousa da Veiga, tamén chamada Viñarela, de 1 ha. e 44 áreas aproximadamente, que o comprador xa viña levando en arrendo pola que pagaba de renda cinco ferrados e seis cuartillos de centeo ao ano.


[1] O Repartimento Xeral de Utilidades (1840-1945) foi creado pola Lei de Concellos de 1840, que estabelecía que os concellos podían acudir a imposicións veciñais para facer fronte aos seus gastos en proporción ás utilidades que obtivesen no seu territorio para nivelar os orzamentos municipais. Estas imposicións económicas eran fixadas polos propios veciños agrupados en seccións. Por suposto, este imposto directo non foi ben visto pola poboación. En cada concello existía unha comisión para a parte real e outra para a persoal. Eran vocais natos das Comisións da parte persoal do repartimento o primeiro contribuínte por rústica, o primeiro por urbana e o primeiro por industrial.

[2] Filla primoxénita de Ramón Sanmartiño Pambley y Pereira e de Vicenta Pérez Tormaleo y Pardo, descendentes das casas de Virigo (Navia de Suarna), Hermida e Moreiras (Quiroga). Aurelia Sanmartiño Pérez faleceu o 21 de Xaneiro de 1927 na cidade de Lugo, con testamento de 21 de Setembro de 1926, perante José Díez del Corral y Bravo. Instituíu herdeiros a súa filla Dª Carmen Pardo Sanmartiño e os seus netos D. Ramón e D. Joaquín Perejón Pardo, fillos de Dª María da Concepción Pardo Sanmartiño e Dª María do Carmen, D. Antonio, D. Juan, D. Joaquín, D. Eduardo, Dª Aurelia, D. José e Dª María do Rosario de Ron Pardo, fillos da súa outra finada filla, Dª Teresa Pardo Sanmartiño. “Á hora de testar, dona Vicenta mellorou a súa filla dona Aurelia (a primoxénita) en terzo e quinto, polo que do total de 30.048.000 reais que reflicte o inventario, cedeulle á súa filla maior 14.394.000, correspondéndolles ás súas irmás Nicandra, Jacoba e Balbina 5.218.000 por lexítima. Polo que se refire ás vivendas, a Hermida quedou en mans de doña Nicandra, as Moreiras adxudicouse a doña Jacoba, mentres que Virigo dividiuse en partes iguais.” (Rodríguez Palmeiro, Iago: La vida cotidiana de la fidalguía gallega en el interior de la provincia de Lugo. Las casas de Virigo (Navia de Suarna), Hermida y Moreiras (Quiroga). Siglos XVIII y XIX), en Campo y campesinos en la España Moderna. Culturas políticas en el mundo hispano. Fundación Española de Historia Moderna, 2012.

[3] Realizou a carreira de leis e foi avogado dos tribunais. Señor da casa de Riocigueño no Barco de Valdeorras, das casas de Lugo e Traslugo, dos cotos en Lourenzá, Villaodrid e terras en Begonte e Trasparga, tiña a súa residencia  


[1] Casimiro do Costureiro.

[2] Enrique de Preto.

[3] Publicado na Coruña desde setembro do 1812 até maio de 1814, fora creado polos liberais e librepensadores da asociación Amantes da Constitución coa finalidade de defender e poñer en práctica os valores constitucionais de 1812.

[4] Lei de responsabilidades políticas: Artículo 1.-—Se declara la responsabilidad política de las personas, tanto jurídicas como físicas, que desde primero de octubre de mil novecientos treinta y cuatro y antes de dieciocho de julio de mil novecientos treinta y seis, contribuyeron a crear o a agravar la subversión de todo orden de que se hizo víctima a España y de aquellas otras que, a partir de la segunda de dichas fechas, se hayan opuesto o se opongan al Movimiento Nacional con actos concretos o con pasividad grave.

Relacionados...

A xente

Situación demográfica Na actualidade, residen habitualmente en Penarrubia menos de quince persoas. Se nos remontamos ao século XIX, o número de habitantes

As casas

Segundo a aprobación inicial do PXOM de Baralla, no lugar de Penarrubia existen 53 construcións, das cales vinte son vivendas. Destas vinte,

Vías de comunicación

Estradas Penarrubia dista 790 metros da estrada LU-710 (Baralla-O Cádavo). Esta é a súa vía de comunicación fundamental. Permite ir a Baralla

Que podes atopar aquí

5 comentarios en “As terras”

  1. Noraboa!
    Qué envexa!
    Andaba cavilando en facer algo semellante (polo que vexo, imposible chegar a este nivel), para a Parroquia de Masoucos.
    Noraboa!

    Responder
  2. Grazas pola túa opinión. Alégrame saber que es da parroquia de Masoucos. Durante séculos, a túa parroquia e mais a de Penarrubia pertenceron á mesma Xurisdición de Neira de Rei baixo o dominio do marqués de Montaos. A Serra do Puñago non impediu endexamais que se establecesen boas relacións entre ambas freguesías. Eu mesmo nacín accidentalmente na de Furís e, con poucos días, xa crucei esa Serra no colo de miña nai de regreso a Penarrubia.
    Anímote a que investigues e nos fagas aos demais partícipes dos teus resultados. As conclusións a que se chega desde a microhistoria teñen tanto valor ou máis que as dos currículos educativos.

    Responder
  3. Boas, resulta curioso que, como se adoita facer, neste texto non se cite o libro de Xulio Pardo de Neyra, Á sombra de María Silgar, do que se toma moita información. Unha mágoa. E moi pouco respecto

    Responder
    • Constato, señor Santaló, que non leu vostede con atención o que aquí se publica sobre a familia Díez de Freixo. Repase o texto e comprobará que se di o seguinte …como afirma Xulio Pardo de Neyra (por quen nos informamos en A sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Páx. 107 e ss. Edicións Embora. 2019)…
      E antes, neste mesmo apartado da web, tamén se cita a obra do mesmo autor Historia do Concello de Baralla Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, a propósito dalgunhas afirmacións que se publican verbo da familia Santiso Ulloa.

      Responder

Deixa un comentario