Situación xeográfica

As catro serras

Catro son as serras de Penarrubia: A da Canteira, a do Mazuco, a Serra do Medio e Navallos. Os límites entre as elas veñen dados polo decurso de varios regos.

Monte de Penarrubia desde Pedrafita de Camporredondo

Polo norte, o monte da Canteira encóntrase entre o Río Seco e o Rego do Cebeiral. Acada a altitude de 850 metros na cota máis alta, nas proximidades do lugar de Cernadas. O monte da Canteira endexamais pertenceu ao histórico monte dos veciños de Penarrubia. Na actualidade, a maior parte é de propiedade particular e unha pequena porción ten a consideración xurídica de Montes Veciñais en Man Común de A Barrosa.

Mapa cos tres montes

O Mazuco está delimitado, no norte, polo Rego do Cebeiral e, no sur e sueste, polo Rego das Louseiras. A altitude máis elevada do monte do Mazuco acada os 884 metros no Barreirón.

Polo norte, o monte de Navallos linda co rego das Louseiras e polo sur remata na Fonte de Navallos e a Serra de San Martiño. A altitude de maior cota do monte de Navallos ascende aos 870 metros nos límites do monte de Penarrubia co da Fonte dos Poios no lugar aproximado onde está colocada a cruz en relevo que actúa como linde de ambos montes.

Cruz do monte

Polo medio do monte de Navallos baixa o rego de Painzal, que adquire máis caudal desde a súa confluencia coas augas que nacen na Fonte de Penarrubia.

Plano aéreo de Penarrubia e monte

As searas

Este monte tradicionalmente estivo estruturado en oito searas. Cada seara constitúe unha porción cavada na que se sementaba centeo ou trigo durante un ou máis anos e logo ficaba un tempo sen cultivar. Tamén se usan os vocábulos senra e mais estivada para designar o mesmo. Nun documento xudicial datado o 14 de abril de 1845 cítanse as seguintes oito searas no monte de Penarrubia: Cebeiral, Barreirón, Mazuco, Campa de Cernadas, Cabanas, Patal, Serra do Medio e Fontes da Devesa. Posteriormente, tamén habería que citar algunha seara máis como a da Ramalleira.

Relacionados...

Situación catastral

Parcelas catastrais No Catastro, o monte de Penarrubia comprende o monte do Mazuco, parte do de Navallos e descende até os límites

O Monte abertal de Penarrubia

A singularidade dos montes abertais radica na súa orixe e no seu aproveitamento colectivo. En tempos pasados, os propietarios de coutos, xa

Monte abertal

Os montes abertais Historicamente, o monte de Penarrubia era de tipo abertal, definido no artigo 64 do Dereito civil galego do seguinte

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario