O parque eólico

En 2010, a Consellería de Economía e Industria aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia para novos parques eólicos en Galiza. Nesta relación figura a asignación a ACCIONA do parque eólico Serra de Punago, alterando con esta denominación o topónimo que identifica esta serra, concedéndolle unha potencia de 24 megavatios. Posteriormente, en 2012, sométese a información pública para autorización administrativa, aprobación do modificado ao proxecto de execución, declaración de utilidade pública, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (DOG 27/08/2012). O conxunto do parque eólico, segundo a Resolución da Consellería constaría de oito aeroxeradores (modelo AW116 IEC IIa) a 12 kV de tensión nominal, con 3.000 kW de potencia unitaria, torre de formigón de 120 m de altura, e con 116 m de diámetro de rotor e de tres torres meteorolóxicas autoportantes de 120 m de altura, equipadas con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura, medidores de presión, rexistrador de datos e alimentación solar. No monte de Penarrubia prevíase en 2012 a colocación de catro aeroxeradores e unha torre meteorolóxica situados nos puntos que se sinalan na seguinte fotografía.

Torre meteorolóxica e catro aeroxeradores

En novembro de 2018, ACCIONA presenta a solicitude de autorización administrativa previa e de construción para o proxecto do parque eólico Serra do Puñago, cunha potencia reducida agora a 23,21 MW. O 8 de outubro de 2020 publícase no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción para as instalacións relativas ao proxecto deste parque eólico. Nesta mesma resolución, a Consellería responde ás alegacións presentadas por algúns veciños de Penarrubia, tales como a existencia de erros na relación de bens e dereitos, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, coa afectación de superficies arboradas e tamén coa referida á relación moi incompleta de propietarios do monte publicada en 2012. Responde a Consellería que estas serán tidas en conta, se proceder, no momento da resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico. Seguen figurando oito aeroxeradores, tres torres meteorolóxicas e unha subestación para este parque eólico, afectando o monte de Penarrubia o mesmo número de elementos que en 2012, mais, segundo información de ACCIONA, este proxecto sufrirá outro modificado segundo o cal serán dous os aeroxeradores que se instalarán dentro do monte de Penarrubia. A redución do número de aeroxeradores explícana desde ACCIONA polo cambio de potencia dos catro aeroxeradores iniciais de 3 MW aos dous de 5,7 MW cada un.

Dous aeroxeradores

Relacionados...

Situación xeográfica

As catro serras Catro son as serras de Penarrubia: A da Canteira, a do Mazuco, a Serra do Medio e Navallos. Os

Situación catastral

Parcelas catastrais No Catastro, o monte de Penarrubia comprende o monte do Mazuco, parte do de Navallos e descende até os límites

O Monte abertal de Penarrubia

A singularidade dos montes abertais radica na súa orixe e no seu aproveitamento colectivo. En tempos pasados, os propietarios de coutos, xa

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario