Terras
A información que obtemos a través do Catastro de Ensenada é a seguinte: Al Capítulo diez dijeron que dentro de la referida Feligresía y su termino había nueve mil ferrados de sembradura
O Reino de Galiza comprendía sete provincias: Santiago, Betanzos, A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. A freguesía de Santa María de Penarrubia a mediados do século XVIII pertencía á xurisdición de Neira de Rei, ao arciprestado de Val de Pedroso, á diocese e á provincia de Lugo.
Partimos de mediados do século XVIII aproveitando os valiosos datos que naquel momento se rexistraron no Catastro de Ensenada. Na freguesía de San Pedro de San Martiño, o 7 de maio de 1753, nunha dependencia da Audiencia dese lugar de Neira de Rei reúnense o licenciado Manuel Antonio de Barcia Figueroa, Subdelegado para o establecemento da Real Única Contribución; o escribán receptor da Real Audiencia, Manuel Antonio Pardo; Pedro Santiso Ulloa, veciño de A Pena, fidalgo perceptor das maiores rendas da contorna e xuíz ordinario da Xurisdición de Neira de Rei. Antonio Montenegro, tamén fidalgo e veciño de A Pena, e Phelipe Pereira, veciño de San Pedro de San Martiño, acoden a este acto como peritos designados polo común dos habitantes de Neira de Rei. Como peritos propostos pola Coroa foran citados Antonio Valcarce e Juan de Arrojo, veciños de San Martiño de Cruzul, da Xurisdición do Val de Oselle. Tamén está presente Manuel Alonso Santiso Ulloa, cura párroco da freguesía de Santa María de Penarrubia.
A xuntanza destas sete personalidades tiña como obxecto a recollida de datos na Xurisdición de Neira de Rei para a elaboración do primeiro catastro que catalogase os bens dos súbditos da Coroa de Castela, agás os dos señoríos vascos, os do reino de Navarra e Canarias, que xa daquela recadaban os seus propios impostos. Si, e isto tamén convén sabelo, este catastro tampouco se realizou, polos mesmos motivos que nos territorios forais, na Coroa de Aragón, conformada polo Principado de Catalunya e os reinos de Aragón, de Valencia e de Mallorca, que xa efectuaran os seus propios catastros. Concretamente, en Catalunya fora realizado entre 1715 e 1716 e coñécese co nome de Catastro de Patiño.
A información que obtemos a través do Catastro de Ensenada é a seguinte: Al Capítulo diez dijeron que dentro de la referida Feligresía y su termino había nueve mil ferrados de sembradura
Penarrubia 2022 · Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-advertisement | 1 year | Esta cookie, establecida polo complemento de consentimento de cookies do GDPR, úsase para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Publicidade". |
cookielawinfo-checkbox-analytics | 1 year | Esta cookie está configurada por GDPR Cookie Consent plugin. A cookie utilízase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analíticas". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 1 year | Esta cookie está configurada por GDPR Cookie Consent plugin. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesarias". |
CookieLawInfoConsent | 1 year | YouTube establece esta cookie mediante vídeos de youtube incrustados e rexistra datos estatísticos anónimos. |
elementor | never | Esta cookie é utilizada polo tema de WordPress do sitio web. Permite ao propietario do sitio web implementar ou cambiar o contido do sitio web en tempo real. |
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
_ga | 2 years | A cookie _ga, instalada por Google Analytics, calcula os datos de visitantes, sesións e campañas e tamén fai un seguimento do uso do sitio para o informe de análise do sitio. A cookie almacena información de forma anónima e asigna un número xerado .aleatoriamente para recoñecer visitantes únicos |
_ga_GWX5QREHZC | 2 years | Esta cookie é instalada por Google Analytics. |
CONSENT | 2 years | YouTube establece esta cookie mediante vídeos de youtube incrustados e rexistra datos estatísticos anónimos. |
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
VISITOR_INFO1_LIVE | 5 months 27 days | Unha cookie configurada por YouTube para medir o ancho de banda que determina se o usuario obtén a interface do reprodutor nova ou antiga. |
YSC | session | A cookie YSC é establecida por Youtube e úsase para rastrexar as visualizacións dos vídeos incrustados nas páxinas de Youtube. |
yt-remote-connected-devices | never | YouTube configura esta cookie para almacenar as preferencias de vídeo do usuario mediante o vídeo de YouTube incorporado. |
yt-remote-device-id | never | YouTube configura esta cookie para almacenar as preferencias de vídeo do usuario mediante o vídeo de YouTube incorporado. |