Suso de Moreno

12 de outubro 2024

Hoxe quedamos sen ti, Suso de Moreno. Sabemos que loitaches con forza e con optimismo até os últimos momentos. Aínda hai pouco nolo confesabas por teléfono. Sempre fuches gran loitador na vida e estabamos seguros de que nesta ocasión tamén habías de seguir séndoo.

Suso, veciño de infancia e de xuventude e sempre amigo. Somos daquela xeración de finais dos corenta e principios dos cincuenta. Compartimos xogos infantís nas airas e nos camiños de Penarrubia naqueles duros tempos de privacións. Compartimos tamén trasnadas inocentes ás agochadas dos maiores. Fomos condiscípulos naquelas clases vespertinas do cura Barreiro tan concorridas de nenos do Curral de Arriba, do de Abaixo e doutros lugares da parroquia. Formamos despois aquel grupiño, xa máis reducido, como alumnos internos dos mercedarios en Herencia e en Sarria, que nos vincularía para sempre (Suso, Eladio, Eduardo).

Abandonamos Penarrubia, cadaquén tomou camiños distintos. Fómonos afastando a moitos quilómetros uns doutros. Durante tempo parecía que as nosas vidas non volverían encontrarse. Ti, en compañía da túa familia, asentácheste en Catalunya con éxito como emprendedor. Creaches e dirixiches a empresa de transportes que desde hai moitos anos percorre as estradas de España e de Europa.

Mais, en chegando agosto, cada ano volviamos encontrarnos en Penarrubia contigo e cos teus irmáns rebulindo nestes días a alegría familiar e veciñal na casa de Moreno. Tan só faltaches á cita estes dous últimos veráns cando a enfermidade comezou a impedirche o retorno. Seguimos en contacto. Contábasme os teus proxectos, sempre coa esperanza de velos executados como tantos que realizaches con éxito na túa vida.

Grazas, Suso pola túa amizade. Para Angelines, os teus fillos, netos, irmáns e sobriños, sabede que o noso sentimento vos acompaña e que vos desexamos moito ánimo para seguir adiante.

Relacionados...

Parque eólico Serra do Puñago

En datas recentes, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu unha resolución pola que suspende cautelarmente o inicio das obras do

Ouro en Penarrubia

Xρυσὸν γὰρ οἱ διζήμενοι γῆν πολλὴνὀρύσσουσι καὶ εὑρίσκουσιν ὀλίγονQuen busca ouro cava moito e saca pouco.Heráclito Xacementos mineiros en Penarrubia Coñecemos as

O cruceiro da Condomiña

Situación e estado O único cruceiro que existe no concello de Baralla encóntrase na parroquia de San Martín de Neira de Rei.

Que podes atopar aquí

5 comentarios en “Suso de Moreno”

  1. Con mucho cariño para mí era un referente y un apoyo familiar. Te recordaré siempre Suso allí dónde estés.

    Responder
  2. Me resulta increíble lo ocurrido. Tengo grandes recuerdos de nuestros paso por Herencia, Sarria y Poyo
    Tu cómo futbolista y yo como organista . cuando íbamos a algún evento eclesiástico
    También tengo recuerdos de las fiestas del San Vitorio en Baralla cuando intentábamos ligar por el día para después tener pareja para la noche.
    Echaré siempre en falta las reuniones que hacíamos en el mes de agosto con nuestros amigos Suso y Eduardo del Costureiro
    Un abrazo muy fuerte para Angelines, tus hijos, tus hermanos, tus nietos, tus sobrinos y demás familia.
    Nunca te olvidaremos
    Marisa y Eladio

    Responder
  3. Mucha fortaleza para tus seres queridos, Suso, siempre te recordaremos con cariño porque nunca te olvidabas de abrazarnos siempre que te era posible. Hoy en el cielo brilla una nueva estrella q eres tu. Gracias por tu paso por esta nuestra querida tierra de Baralla.

    Responder
  4. Precioso y emotivo articulo como recuerdo al que fue y será siempre un buen amigo, mis condolencias para ti Eduardo y para toda su familia. D.E.P

    Responder

Deixa un comentario