Terras

A información que obtemos a través do Catastro de Ensenada é a seguinte:

Al Capítulo diez dijeron que dentro de la referida Feligresía y su termino había nueve mil ferrados de sembradura de centeno de todas especies ciento cinquenta de ellos de Cortiñas treinta de primera calidad cinquenta de segunda y setenta de tercera Mill y nuevecientos ferrados de tierra de sembradura trescientos de primera calidad setecientos de segunda y nuevecientos de tercera seis ferrados de sembradura de centeno de tierras [8] de hortaliza uno de ellos de primera calidad dos de segunda y tres de tercera ciento y catorce ferrados de sembradura de centeno de Prados regadíos veinte de primera calidad quarenta de segunda y cinquenta y quatro de tercera dosciento y cinquenta ferrados de sembradura de centeno de Prados de secano cinquenta de primera calidad ochenta de segunda y ciento y veinte de tercera treinta ferrados de sembradura de centeno de sotos poblados de castañales seis de primera calidad ocho de segunda y diez y seis de tercera quatro cientos ferrados de sembradura de Centeno de Montes particulares cien de primera calidad cien de segunda y doscientos de tercera tres mil y quinientos ferrados de Sembradura de montes comunes quanto al pasto quinientos de primera calidad ochocientos de segunda y dos mil y ducientos de tercera de mon[9]tes ynútiles por su naturaleza dos mil y quinientos ferrados y los ciento y cinquenta restantes que consideran ocupan las casas con sus salidas Caminos senderos zarzales y respondieron.

Clasificación das terras en C. Ensenada
Resumo Clasificación das terras en C. Ensenada

Dos datos que nos ofrece o Catastro de Ensenada, temos que dicir, en primeiro lugar, que carecen de exactitude porque se afirma que a extensión das terras da parroquia é de 9.006 ferrados, isto é, 549,42 ha., que equivalen a 5,5 Km2. Mais, este territorio comprende en realidade 18,84 Km2, isto é, 1.884 ha. Segundo o Catastro de Ensenada, as 549,42 ha incluían terras de cultivo, hortos, prados, montes particulares e comunais aproveitados e sen proveito e tamén as casas, os camiños, os carreiros e as silveiras. ¿A que se debe que nesta relación de terras se ofreza tan só o 29,16 por cento da superficie real? ¿Pode ser debida esta enorme diferenza ao emprego de distintas medidas de superficie por parte dos peritos que realizaron os traballos de medición ou á falta de precisión na conversión das mesmas? ¿Estas medidas serían ofrecidas sobre cálculos teóricos non comprobados directamente sobre o terreo? ¿Deberase crer que existen ocultacións interesadas para evitar o fisco? ¿Ou a indefinicións nos límites das terras concentradas nomeadamente nas zonas montañosas e nas terras improdutivas? Esta falta de adecuación entre a superficie das terras que ofrece o Catastro de Ensenada e a realidade actual parece que non é exclusiva da freguesía de Penarrubia, pois, segundo afirman os estudosos deste tema, a porcentaxe de terras montañosas catastradas a mediados do XVIII non supera o 55 por cento da superficie actual. Pensamos que a maioría destas inexactitudes concentraríanse nos montes comunais e mais nos non aproveitados. ¿Como se pode explicar se non é así que como comunais só se clasificasen 213,5 ha cando existían estes montes, xa for abertais ou en man común, nos lugares de Penarrubia, Cernadas, A Fonte dos Poios, A Barrosa, Castrolanzán, Teixeira de Abaixo e Teixeira de Arriba? Por ofrecer unha soa cifra, basta indicar que na actualidade o monte en man común de Castrolanzán (283,11 ha) supera en 70 ha a superficie total dos comunais que se indica no Catastro de Ensenada.

As especies de terra son clasificadas en sete tipos:

  1. Cortiñas: producen sin yntermision una cosecha al año de trigo o cevada alternativamente siendo de primera calidad y siendo de segunda y de tercera un año de centeno y otro navos con la misma alternancia. A palabra cortiña, etimoloxicamente procede do celta *kor-r- (‘recinto circular’), lat. cohortem (‘cerrado’), e servía para designar as terras pechadas con paredes para a sementeira. Eran fértiles e moi versátiles porque se empregaban para diversos cultivos. Ademais dos tradicionais trigo, cebada, centeo e nabos, co paso de tempo, nas cortiñas tamén se sementaron hortalizas e patacas. Non necesitan barbeito e, por isto, producen sin yntermisión alternándose os cultivos de trigo ou cebada e centeo e nabos.
  2. Tierras de sembradura: Centeno con un año de descanso.Despois da superficie a monte, as terras de sementeira son as de maior extensión, dado que suman 116 hectáreas. Dedicábanse ao cultivo de centeo, cereal fundamental para a supervivencia como alimento dos veciños. Debido á calidade, pero nomeadamente ás deficientes técnicas de labor e á ausencia de fertilizantes, estas terras necesitan estaren a barbeito.
  3. Hortaliza plantada de frutales y ervellos. Entendemos que este tipo de terra correspóndese coa denominada horto e horta. Xeralmente eran pequenas extensións situadas a carón de cada casa que se dedicaban a plantacións de diferentes especies de coles, legumes e tamén a árbores froiteiras. Entre estas últimas, pomares, pereiras, fatoeiros, ameixeiras, cerdeiras e algunha nogueira. 
  4. Prados de regadío y secano. A superficie dedicada a prados de rega e a pasteiros na freguesía (22,15 ha), a mediados do século XVIII, era moi reducida debido a que a cabana vacún non superaba a media de tres animais por veciño, que se alindaban a maior parte do ano nos montes, soutos e devesas, reservando a herba dos prados para ser recollida como feo para uso nos días de invernía e como pasto directo nos meses de outono. Mais, na segunda metade deste mesmo século, a superficie de prados de rega incrementouse, na mesma ou maior proporción que no resto de Galiza, se temos en conta o que recoñece, en 1.802, o ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, na súa Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política: “En muchas partes del Reyno que he reconocido, los prados, y cerrados de veinte años acá casi se han doblado…” 
Memoria sobre los ganados
  • Sotos poblados de castañales. A superficie forestal no Antigo Réxime era moi reducida. Segundo a profesora Rei Casado, (en Montes, bosques y zonas comunales: aprovechamientos agrícola-ganaderos, forestales y cinegéticos), no interior lucense, o arboredo apenas ocupaba o 2,3% da superficie e era de propiedade particular… de modo que se a repercusión económica do arboredo madeirábel era irrelevante, pola contra o complemento alimentario das castañas —10% da masa decimal de produtos alimentarios— foi clave nalgunhas comarcas até a súa substitución pola pataca. Na freguesía de Penarrubia, segundo o Catastro de Ensenada, a superficie ocupada polos soutos con respecto á totalidade da aproveitada, excluída a catalogada como montes improdutivos, representaba 2,20 ha, isto é, o 0,55 por cento. 
  • Montes de particulares y montes comunes: quanto al pasto producen Centeno y se rompen siendo de primera calidad de quince en quince años de segunda de veinte y quatro en veinte y quatro y de tercera de treinta y seis en treinta y seis.Unha práctica habitual até mediados do século pasado consistiu no cultivo temporal de centeo no monte por medio das estivadas. 

Rozábase e cavábase a man un anaco de monte, queimábanse a broza e os terróns e espallábase a borralla para arar despois a terra e sementar nela centeo bienalmente. 

Estivadas queima

Debido á mala calidade, era necesario o barbeito para deixar descansar a terra durante un ano. Sucedíanse as sementeiras e os períodos de barbeito en ciclos de entre 15-36 anos, tras os cales o solo era abandonado para ser invadido pola vexetación espontánea e, de novo, era estivado para a recuperación do cultivo sucedéndose centeo e barbeito. Segue dicindo a profesora Rei Casado que, malia a zona rozada equivaler ao 3 ó 4% do monte cultivábel, achegaba o 8,3% do centeo colleitado e o 19,5% do trigo —en certas zonas abeiraba o 25 e o 32%—. Ademais, esta práctica servía como forma de limpeza e preparación do terreo para pasto, evitando o desenvolvemento dunha poboación arbustiva pouco aproveitábel e entorpecedora dos outros usos tradicionais do monte. Deste xeito, Ofelia Rei Rosado conclúe, a propósito do monte, que sumando a produción cerealeira do monte, as castañas dos soutos e os produtos gandeiros, arredor dun 25%-30% do produto agropecuario tiña o seu fundamento na dispoñibilidade do monte e a súa maior ou menor abundancia influía sobre as economías campesiñas; esa dependencia fundamentábase nun sistema de acceso ao inculto sumamente particularizado, que nos casos do réxime abertal, «de voces» ou «de varas», baseado en fraccións que cada casa podía gozar para leña, pasto, cultivo e esquilmo, constituíu unha sucesión constante de conflitos.

  • Montes ynutiles por su naturaleza. Esta porción do monte, moi extensa porque acada 152 hectáreas, non era tan inútil como se recoñecía oficialmente pois tiña unha importante dedicación gandeira dado que servía de destino fundamental para o pasto das cabezas de vacún, de ovino e de caprino, como tamén sucedía cos soutos e coas devesas de carballos. E, claro está,  destes montes tamén se extraía o esquilmo necesario para as cortes do gando e, posteriormente, transformado en esterco, para a fertilización dos hortos, das cortiñas e das terras de sementeira. 

O centeo

O centeo constituía o cultivo fundamental na freguesía como sucedía en toda Galiza. Por isto, un mal ano de centeo supuña a presenza da fame. No Tomo XLI da España Sagrada, dedicado á diocese de Lugo, con motivo da narración dos feitos máis relevantes do bispo Francesc Armanyà (1778-1785), constátase que este prelado repartía na porta do Palacio episcopal esmola diaria de pan e caldo a unha grande multitude de dentro e de fóra da cidade, o que causou grande admiración por ser moi numerosa a concorrencia de necesitados pola fame e grande escaseza que padeceu Galiza naquel ano e seguinte… Subía de tres fanegas diarias de pan cocido a esmola diaria da porta. Segue dicindo que, nos anos de escasas colleitas, este bispo repartía grande cantidade de gran aos labregos que non tiñan para sementar.

Da totalidade das terras de sementeira da freguesía de Penarrubia catalogadas no Catastro de Ensenada, 116 hectáreas, estamos seguros de que a maior parte delas dedicábanse ao cultivo de centeo. Aínda a finais da década dos cincuenta do pasado século a extensión ocupada por este cereal era moi elevada segundo podemos observar na seguinte imaxe aérea de Penarrubia realizada en 1957.

Terras a centeo

Muíños

E para transformar o gran en fariña para a elaboración do pan que consumían os humanos e no farelo co que alimentaban os animais, eran necesarios os muíños. No Catastro de Ensenada ofrécese a seguinte relación destes muíños na freguesía:

  1. Uno de ellos nombrado de Moín pertenece a don Antonio Montenegro. Muele con una rueda y agua del Arroyo do barrancal la tercera parte del año y le regulan de producción en cada uno sesenta Reales de vellón. Dos nove muíños existentes a mediados do século XVIII, este é o único que se conserva na actualidade aínda que fóra de uso. Nel téñense moído moitas sacas de centeo. Desde Penarrubia, cando era necesario cocer unha nova fornada, baixábase co cereal unhas veces ao lombo, outras en cabalgadura e, en poucas ocasións, en carro de vacas se a moenda era grande. Pertence á casa de Montenegro, familia fidalga naquel tempo e por isto recibe o don no texto.
Muiño de Montenegro
  • Otro nombrado da Fonte pertenece a Domingo Méndez de Pena Rubia y consortes. Muele con una rueda y con agua del Arroyo de Painzal tanta parte del año como el antecedente y le regulan igual producto. En Penarrubia tamén existía un muíño situado no Prado da Fonte. Debía de ser de utilidade tan importante como o de Montenegro pois dise del que moe o mesmo período de tempo anual e que se valora en 60 reais a súa produción. No século XIX volvemos ter noticias deste muíño. A metade pertencía a José López Núñez, de Lopo, e a outra metade, a José Álvarez Calderón, veciño de A Pena, e a José Álvarez Bolaño, da casa do Costureiro. No ano 1908, cando este muíño xa se encontraba deteriorado en sen uso, a casa do Costureiro comprou as partes dos outros dous propietarios con todos os dereitos que lles corresponden no muíño: materiais e solar. Aínda se conservan algunhas pedras deste muíño no sueste do Prado da Fonte. As rodas deste muíño eran impulsadas polas augas do rego de Paínzal, que nace no lugar deste topónimo do monte de Penarrubia, cerca da pena que conserva o mesmo nome. 
  • Otro nombrado de ¿Moroi-Mocoi? pertenece a Domingo González y consortes. Muele con una rueda y agua de la fuente do Crego la quarta parte del año y regulan su producto en cada uno veinte Reales de vellón. No censo de labregos de 1760 figura Domingo González como veciño de Penarrubia, Mundín, barrio da Casela. Carecemos de máis información para poder afirmar se se trata do mesmo propietario deste muíño e tampouco sabemos onde se localiza a Fonte do Crego que se cita. Debía de ter menor produción pois asígnanselle un terzo da dos dous anteriores.
  • Otro nombrado [ilexíbel] pertenece a Juan Vilatriz y consortes. Muele con una rueda y agua del arroyo de teiJeira la tercera parte del año. Regulado su anual producto en diez y seis reales de vellón. Aínda que non se indica de cal das dúas Teixeiras se trata, sabemos que ten que ser da de Arriba polo nome do seu propietario, Juan Vilatriz, que figura adscrito a este lugar nas Dilixencias de comprobación de 1760. 
  • Otro nombrado do Latadal, al sitio del mismo nombre. Pertenece a Juan Rey y Consortes. Muele con una rueda y agua del arroyo do Juvento la tercera parte del año regulando su anual producción en treinta reales de vellón. O Rego do Xuvento descorre entre o Latadal e Cernadas marcando os límites da parroquia e do concello. O muíño estaría dentro da demarcación da freguesía, mais o seu propietario, Juan Rei non figura na relación de veciños da parroquia do ano 1760, mais si na de 1753. Non moi lonxe da confluencia do Rego do Xuvento co Río Seco aínda se conserva o topónimo Muíños do Latadal.
  • Otro nombrado do Outeiro al sitio del mismo nombre. Pertenece a Manuel Fernández Carvalleira y consortes. Muele con una rueda y agua del Arroio do Barrancal la tercera parte del año y regulando su anual producto en treinta Reales de vellón. Descoñecemos onde podería estar situado. O Rego do Barrancal daba auga a varias moas de muíños. Se os hidrónimos tiñan daquela as mesmas referencias que hoxe, este muíño do Outeiro debería de estar entre os puntos onde conflúen no Barrancal os regos das Louseiras e o do Cebeiral até o límite da freguesía en San Martiño pasado Carballedo.Na freguesía de Penarrubia, no ano 1753 existían seis persoas co mesmo nome e apelido Manuel Fernández. Deste temos constancia de que era do barrio de Carballeira e de que tiña este muíño. O feito de que para o propietario do muíño se ofrezan dous apelidos como excepción debemos interpretalo considerando que o segundo deles, Carvalleira, se refire ao topónimo con que era coñecido o lugar onde vivía. 
  • Otro nombrado do Bal al sitio del mismo nombre. Pertenece a Miguel Berdeal. Muele con una rueda y agua del arroyo de Hespiñeira la sexta parte del año regulado su anual producto en doce reales de vellón. Este muíño, en cambio, polos datos que se ofrecen permite unha doada localización. Por un lado, o apelido Berdeal consérvase na actualidade e dá o nome a unha das casas de Val. Segundo as nosas informacións, esta casa antigamente estaba situada a carón da casa de Val e por aquí descorre o rego de Espiñeira cuxas augas eran aproveitadas para este muíño. Non obstante, a súa produción foi regulada en tan só 12 reais e del dise que só funciona unha sexta parte do ano, isto é, durante dous meses. No ano 1753, Miguel Berdeal, de 50 anos, estaba casado, tiña dous fillos, vivíalle a nai e nesa casa convivían tamén unha irmá e unha sobriña.
  • Otro nombrado da Veiga al sitio del mismo nombre. Pertenece a Manuel Fernández da Veiga y consortes. Muele con una rueda y agua del arroio da Veiga la tercera parte del año regulado su anual producto en treinta Reales de vellón. O rego da Veiga desemboca no río Neira pola súa marxe esquerda. No ano 1753 Juan Fernández da Veiga contaba 48 anos, estaba casado, tiña tres fillas e traballaba como ferreiro no seu mazo.
  •  Otro nombrado do Pombal al sitio del mismo nombre. Pertenece a don Pedro Santiso Ulloa. Muele con una rueda y agua del arroyo do Barrancal tanta parte del año como el antecedente y le regulan igual producto. Pedro Santiso Ulloa, señor da Casa Principal de A Pena, tamén tiña un muíño perto da súa residencia, no Pombal, un prado que aínda hoxe conserva esta denominación e polo que descorre o rego da Pena, antes coñecido como do Barrancal polo lugar onde se forma por mestura das augas dos resgos do Cebeiral e mais das Louseiras.

Colmeas

O mel tivo moita importancia na alimentación dos humanos ao longo da Historia. Na Biblia identifícase coa prosperidade e a abundancia: “Baixei para libralo da man dos exipcios e subilo a esta terra que mana leite e mel» (Exodo 3, 89). Na mitoloxía grega tamén serve de alimento dos deuses. Debido ás súas calidades antisépticas, o mel empregouse como remedio medicinal e tamén con conservante de froitas. E mentres non se usaron outros edulcorantes como o azucre, o mel tivo moita importancia na alimentación dos humanos. Debido a isto, foi considerado ao longo da historia como un produto medicinal e, fóra disto, tamén de luxo e distinción. O Catastro de Ensenada recolle para Galiza un total de 366.339 colmeas, tamén chamadas trobos e cortizos. Este elevado número de unidades constata a importancia da apicultura en tempos pasados. 

O trobo, abellariza, alvariza ou apiario é un recipiente de forma cilíndrica e, algunhas veces prismática, confeccionado con fragmentos de cortiza para protexer as abellas e impedir a entrada de animais, principalmente os osos.

Trobo

Alén do mel, das colmeas tamén de aproveitaba a cera virxe por ser un produto con propiedades cosméticas e, nomeadamente, moi demandado e valorado pola Igrexa mentres non se comezou a empregar a parafina para a fabricación das candeas. 

Por esta razón, no Catastro de Ensenada pediuse unha relación das colmeas existentes en cada freguesía con indicación dos seus titulares e a súa valoración a efectos fiscais.

En dicha Feligresía hai ciento y nueve colmenas: 

  • Catorce de ellas pertenecen a Antonio López da Barrosa. De 36 anos en 1760, estaba casado e tiña catro fillos.
  • Doce a Pedro Fernández. Contaba 58 anos en 1760 e era viúvo. Vivía en Val. Era taberneiro. Unha filla súa casara con Manuel Álvarez Cedrón, quen sucede o seu sogro como taberneiro de Val. Tamén era arrieiro. 
  • Seis a don Antonio Montenegro. Dado que o seu nome vai precedido do don, trátase dun fidalgo. Mais, na relación de fidalgos de 1760 non figura. Si aparece Manuel Santiso Montenegro, que nos identificamos coa casa de Montenegro, emparentada coa Principal da Pena.
  • Dos a Domingo Méndez. Existen dous Domingo Méndez. Un deles de Penarrubia, o outro de A Pena.
  • Quince a don Manuel Santiso cura de esta feligresía. 
  • Doce a Manuel Ossorio. Fidalgo, tiña 50 anos en 1760, estaba casado, vivía en Castrolanzán e con el e a súa dona convivían un irmán e dous criados.
  • Diez a Manuel Fernández. Descoñecemos a cal das seis persoas existentes na parroquia con este nome e apelido se refira. Un deles era do barrio de Carballeira e que tiña un muíño chamado de Outeiro que regaba con auga do rego do Barrancal. Outro era do Mazo da Veiga e tiña un muíño denominado da Veiga. Outro deles era da Fonte dos Poios. En Castrolanzán vivía o cuarto. E dos dous restantes carecemos de información sobre o seu lugar de residencia.
  • Corenta nueve a Manuel Fernández. 
  • Seis a Antonio Fernández. Na relación de persoas non figura ningunha con este nome e apelido.
  • Una a Domingo López. De 60 anos de idade en 1760, estaba vivo, vivía en Papín cun sobriño casado, dous sobriños netos e unha irmá. Tamén era arrieiro.
  • Quatro a Domingo Méndez. Este tanto podería ser o que vivía en Penarrubia como o da Pena.
  • Seis a don Pedro Santiso. Morgado da Casa Principal de A Pena.
  • Dos a Bernardo Caldeiro. Morgado da casa de Caldeiro. 
  • Una a Juan da Beiga. No ano 1753 Juan Fernández da Veiga contaba 48 anos, estaba casado, tiña tres fillas e traballaba como ferreiro no seu mazo movido polas augas do río Neira.
  • …. a Domingo Gómez. Fidalgo, en 1760 tiña 60 anos, estaba casado, tiña tres fillos e un criado. Vivía na Fontenova.
  • Quince a Bartolomé Fernández. De Penarrubia. En 1760 contaba con 48 anos, estaba casado, tiña un fillo e convivía tamén con dúas irmás e un criado.
  • … y el producto de cada una atendiendo al nivel de cera y enjambre lo regulan en tres Reales de Vellon.

Non fomos quen de entender cantas colmeas se atribúen a Domingo Gómez debido a que no documento existe un borrancho que converte en ilexíbel este número.

Analizada a agricultura e a gandería que practicaban os nosos antepasados a mediados do século XVIII, concluímos que se trata dun sistema de explotación agropecuaria extensiva baseada exclusivamente no aproveitamento dos recursos naturais do lugar cuns rendementos moi baixos e, en consecuencia, con ingresos que apenas xeran excedentes para seren introducidos no mercado e que, en ciclos de crise, mesmo non satisfacían a subsistencia.

Relacionados...

Administración

Estamos, xa que logo, na sala da Audiencia situada na freguesía de San Pedro de San Martiño da Xurisdición de Neira de

Administrados

En 1528 realizouse por orde do emperador Carlos I o Censo de pecheros no que figura a seguinte referencia a Neira de

Señorío de Neira de Rei

A freguesía de Santa María de Penarrubia a mediados do século XVIII pertencía á xurisdición de Neira de Rei, ao arciprestado de

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario