Administración

Estamos, xa que logo, na sala da Audiencia situada na freguesía de San Pedro de San Martiño da Xurisdición de Neira de Rei, diocese e provincia de Lugo, reino de Galiza e Coroa de Castela. Non existía España, tampouco as provincias como hoxe as coñecemos, nin os partidos xudiciais. Si existían as freguesías, á fronte das cales estaba, e isto segue igual hoxe, un párroco e algúns outros clérigos seculares. 

En 1768 a diocese de Lugo estaba estruturada en 35 arciprestados e tres priorados bieitos rexidos polo abade de Samos, que formaban unha prelatura territorial. Esta prelatura territorial suprimiuse no século XIX trala desamortización de Mendizábal. O 9 de agosto de 1890 aprobouse unha nova subdivisión parroquial que foi seguida por numerosas reformas no século XX. En 1954 modificáronse de novo os límites da diocese para adaptar algúns encraves aos da correspondente provincia administrativa. Cedéronse parroquias ás dioceses de Astorga, Mondoñedo e Ourense, e engadíronse á diocese parroquias que tiñan, na provincia de Lugo, as citadas e a de Oviedo.

En 1750, as poboacións da Coroa de Castela agrupábanse en vinte e dúas provincias. O reino de Galiza constaba das sete xa citadas. A demarcación das provincias non coincidía coa das dioceses como tampouco non sucede na actualidade. A actual organización provincial procede da reforma de 1833, obra de Javier de Burgos.

Reino de Galiza

Fundado polos suevos no século V, ao longo da historia comprendeu extensións territoriais diferentes. Inicialmente estabeleceu a súa capitalidade en Braga, despois desprazouse a Tui, Oviedo e León. Mantivo soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— até 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela. Posteriormente, o reino de Galiza de facto gozou de poder propio até que, en 1486, os Reis Católicos o someteron polas armas. Desde entón, o Reino de Galiza estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e, posteriormente, á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ao ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica. En 1833, foi disolvido no primeiro ano da rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias. 

Escudo do Reino de Galiza e as sete provincias

Relacionados...

Administrados

En 1528 realizouse por orde do emperador Carlos I o Censo de pecheros no que figura a seguinte referencia a Neira de

Señorío de Neira de Rei

A freguesía de Santa María de Penarrubia a mediados do século XVIII pertencía á xurisdición de Neira de Rei, ao arciprestado de

A Parroquia

Ligazón territorial A parroquia serviu de ligazón territorial da veciñanza xa desde o medievo, mais este vínculo intensificouse nomeadamente despois de Trento

Que podes atopar aquí

Deixa un comentario